¿Precisamos en realidade un buscador para o noso ordenador? Coñezco persoas cunha mente prodixiosa que sobre de todo nos temas de xenealoxía danhos envexa pola súa capacidade de resolver nomes de entre fatos de libros e documentos.
Máis eu non me atopo entre eses agraciados, i é polo presento esta ferramenta que no meu caso i no futuro, considero definitiva a súa utilización decotío. O Copernic na súa versión 1.5 Beta para Windows está só dispoñible en Inglés (hai versions anteriores en Francés e Alemán) pero para o uso que lle imos dar penso que non é moi importante. Ten un tamaño de 2,3 MB.
Unha vez instalado según o tamaño do noso disco duro e tamén de canto cheo, o programa tomarase o seu tempo en "indexar" tódolos arquivos por palabras clave.
Unha vez que terminou, poñemos por exemplo a palabra "couce" no cadro de busca, e ¡sorpresa! en respostas aparecenme tódolos documentos que a conteñen, e sinalando o documento apareceme en baixo a palabra resaltada dentro do contexto.
Evidentemente a ferramenta e moi potente e ven para transformar os nosos xeitos de traballo.
O Copernic admite operadores boleanos (AND/+, OR, NOT/-), e busca nas seguintes categorías:
- Documentos de Office (Word, PowerPoint, Excel), documentos Worperfect, documentos PDF, páxinas HTML, Texto e RTF, e outros.
- Busca no Outlook nas mensaxes e nos adxuntos.
- Nos Favoritos e Marcadores, e no Historial do Internet Explorer, Mozilla, Mozilla Firefox, Nescape.
- Na Libreta de direccions.

Aparte nas fotos, audio, video, etc. pero penso que para nós as anteriores buscas son fundamentais.
Chatas, por suposto, pois ainda que se lle poden engadir extensions nas que buscar nestes casos só indexa o título. Non tendo así soporte para aplicacions coma Open Office, xa moi amplamente difundida, nin para o xestor de correo Mozilla Thunderbird.

A información completa en inglés sobre o Copernic Desktop Search témola na súa páxina oficial: http://www.copernic.com/en/products/desktop-search/index.html
Para descargar a versión 1.5 en inglés aquí: http://download3.copernic.com/copernicdesktopsearch15beta.exe

Moitas compañias están agora na carreira de conquerir unha posición cunha aplicación que xa se sabe imprescindible dadas a capacidades de almacenamento actuais de calquer usuario. Microsoft está nelo, e tamén a empresa Google co seu Google Desktop, que ainda non probei, pero que aparentemente busca o mesmo que o Copernic, e ademais no caso do correo, en Mozilla Mail e Mozilla Thunderbird, e tamén cun Plug-in, nos documentos de Open Office e Star Office.

Podemos saber máis do Google Desktop aquí: http://desktop.google.com/