Os veciños de Palas levan moitos anos pedindo a rehabilitación do Castelo de Pambre. E onte quixeron dar un paso máis buscando a axuda da Administración. Por iso, o Centro de Documentación e Interpretación da Comarca da Ulloa remitiu un informe ó Valedor, á Consellería de Cultura, á Dirección Xeral de Patrimonio e ao alcalde de Palas no que recolle as conclusións das Xornadas do Patrimonio da Ulloa, na que analizaron a situación do edificio.

Noticia en => CulturaGalega.org
Máis Información => A nova revolta irmandiña