Carlos Núñez, membro da Asociación Española de Caligrafía e director do diseño da tipografía Gallaecia Castelo comenzou o traballo en 1989 e rematou seis anos despois. Fixéronse máis de duascentas fotografías de monumentos galegos, para a elaboración definitiva dun alfabeto de trazado moderno. Tamén foi necesario facer un estudio evolutivo deste tipo de letra «dentro do complexo entramado histórico da escritura europea» e, para iso, «remitímonos á paleografía bibliográfica, anterior ó descubrimento da imprenta, e seguimos o curso debuxístico o largo da letra nai de Gallaecia: a letra uncial».
Entre as fontes consultadas para este labor están os grabados existentes en lugares como o sepulcro de San Faxilde, na igrexia de San Paio de Antealtares, en Compostela, as lápidas do cimeterio de Santa María A Nova, de Noia, a Porta da Vila, de Viveiro, o muro exterior da igrexa de San Pedro de Berdoias, en Vimianzo, o claustro do convento de Lérez, en Pontevedra, ou as lápidas do castelo de San Antón, en A Coruña.

Ler máis en => La Voz de Galicia

Non puiden atopar umha mostra desta fonte, reseño as duas existentes ate agora. A "Castelao" (NovaOutobro) é a tipografía utilizada para o nome deste sitio:
=> Castelao
=> Gallaecia