A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega, abre unha lista de correo especializada en terminoloxía galega na que se difunde calquera información de interese relacionada con terminoloxía, terminografía, traducción e linguas de especialidade de/sobre calquera lingua e, especialmente, da lingua galega. Con esta iniciativa o Consello da Cultura Galega crea un foro de debate estable sobre a elaboración das variedades especializadas do galego no que están representados os principais servicios lingüísticos que elaboran terminoloxía e que fixan os tecnolectos en todas as áreas de coñecemento en Galicia, así como investigadores, traductores e interesados na materia. O obxectivo principal é coordinar os esforzos e os recursos existentes sobre terminoloxía en Galicia, a través do intercambio de información referida a congresos, conferencias, cursos, recursos, publicacións, institucións, concursos, encargas de traballo, posta en común sobre termos concretos, etc.

=> Formulario de ingreso