A vila de Combarro acolle ata o vindeiro domingo a III Edición da Festa do Mar que organiza o Concello de Poio. Dentro deste encontro desenvolverase a IX Concentración de Embarcacións Tradicionais, que achegará ata este peirao entre corenta e cincuenta exemplares de dornas, barcas xesteiras ou galeóns entre outros tipos de botes.
Publicado en culturagalega.org