A Nosa Terra nº1102, páx. 26:
"Descrición do Reino de Galicia, do licenciado Molina, é un volume moi válido para recoñecermos a nosa terra nas letras pasadas. Este funcionario andaluz percorreu no século XVI o país enteiro e, seguindo os mitos e rastros históricos describiu desde os castelos e portos até os rios, corpos de santos, monumentos e mosteiros. Tamén fala das principais liñaxes fidalgas xurdidas en Galiza, das que inclúe brasón e orixe protohistórica. Editan conxuntamente Toxosoutos e a Editorial Orbigo na primeira edición do volume en galego".