Ainda que somos todos moi listos, non está demáis reflexionar coa seguinte noticia sobre os datos personais que deixamos na rede, as prácticas que corren e as historias mais ou menos complexas que nos poden armar ó dispor de datos sobre nós.

Publicado en NBC NEWSCHANNEL 6:
Marlene Buckta, despois de estar varios meses facendo investigacións xenealóxicas na rede, recibeu un correo electrónico cos seu datos, onde figuraba que era descendente dunha familia dun lugar determiñado. Para máis "casualidade" era a única parente viva por esa liña, polo que recibiría unha grande herencia. A Marlene soáballe Demasiado complicado, pero non debía preocuparse: só tiña que facilitar o seu número de conta e outros sinxelos pasos.
Marlene conta que empezou a recibir estos correos logo de rexistrarse nunha web de historia familiar, e quérenos alertar deste tipo de prácticas.