O pasado 14 de xaneiro, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Compostela tivo lugar a entrega oficial ao profesor Dieter Kremer dun volume de estudos filolóxicos que pretenderon no seu día, ser o presente do seu 60º aniversario. Kremer é un dos mellores coñecedores de Galiza e realizou traballos de investigación sobre a súa toponimia.
Ramón Lorenzo esbozou brevemente a vida do profesor Kremer, a quen coñeceu na Universidade de Colonia en 1962, aludiu a dúas paixóns descoñecidas para quen só sabe do filólogo, a do intérprete do violino e a do actor do teatro en francés, continuou co labor desenvolvido polo filólogo, discípulo do profesor Piel, estudoso da onomástica e rematou co dinamizador científico e realizador de grandes empresas, o que foi presidente da Asociación de Estudos Galegos, presidente da Asociación Galego Alemá, fundador do Portugal-Zentrum (Centro de Documentação de Portugal) e do Galicien-Zentrum (Centro de Documentación de Galicia) na Universidade de Trier, onde é catedrático de Linguas Románicas.

Ana Boullón Agrelo entregou o volume de homenaxe científica e, previamente, fixo unha breve presentación.

Fuente: Galiza homenaxea o profesor Dieter Kremer. A Nosa Terra. http://www.anosaterra.com/documentos/central.php?pagina_actual=cultura.php&numero=1160#3