Autor: Marqués Valea, Julia
Título: A Toponimia de Trabada (Lugo) / Xulia Marqués Valea ; tese realizada baixo a dirección de Antón Santamarina Fernández
Publicación: 2003
Descrición: 1 v.
Notas: Tese-Universidade de Santiago de Compostela-Facultade de Filoloxía
Autor: Santamarina, Antón, 1942- , dir. Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía Comentario
"O traballo realizado pola profesora licenciada en Filoloxía Galega e Románica pola USC, Xulia Marqués, recolle 16.226 nomes da localidade de Trabada tanto de topónimos maiores (que fan referencia ás parroquias ou puntos xeográficos significativos) como á toponimia menor (nomes de fontes, montes, regos, penas, muíños, etcétera).

As fontes que empregou para esta análise de datos foron tanto orais, a partir de veciños cunha idade en torno aos 65 anos como fontes escritas (cartografía da zona, documentación de caracter privado ou cartas de poboamento, entre outras) e fontes inéditas como foi o uso do Catastro do Marqués da Ensenada.

A finalidade primordial deste profundo traballo de campo é, segundo as verbas da propia autora, "contribuír ao mantemento e supervivencia do patrimonio onomástico galego". Con A toponimia de Trabada Xulia Marqués afonda nun campo de estudo amplo a nivel filolóxico recollendo, sistematizando e estudando os nomes propios do lugar."


Fonte: Noticias.ya.com. Europa Press 16/04/2005 18:21 O conselleiro de Educación destaca a "rigurosidade" das dúas tesis presentadas en Trabada (Lugo).
(http://noticias.ya.com/local/2005/04/16/7119768.html)