Erica Sarmiento da Silva, estudante de doutoramento no departamento de Historia Contemporánea de América, da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, é a ganadora da undécima edición do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais polo seu traballo "A emigración galega no Brasil". O xurado valorou moi positivamente a achega do estudo desta estudante de Historia, licenciada en xornalismo e filla dunha emigrante galega en Río, tendo en conta que supón o primeiro traballo que se fai sobre e emigración galega no Brasil.

Fonte: Un traballo sobre a emigración galega no Brasil gana o Premio Vicente Risco. La Voz de Galicia, 5 de Febrero de 2006.