A cantante Madonna A cantante Madonna e Camilla Parker-Bowles poderían ser primas. Afastadas, pero primas.
Isto polo menos é o que asegura o experto en xenealoxía William Addams Reitwiesner, a quen Madonna encargou investigar a súa árbore familiar.
Addams tamén atopou outro parentesco da 'ambición loura': a solista Celine Dion.

A familia de Madonna viuse ampliada desde que esta intentase reconstruír a súa árbore xenealóxico coa axuda do experto William Addams Reitwiesner.

O curioso é que, segundo os primeiros resultados do estudo, a raíña do pop, descendente de emigrantes italianos afincados en Estados Unidos ata hoxe, comparte vínculos de sangue canadenses coa mesmísima familia real británica.

Así, a cantante soubo dun antepasado común con Camilla Parker-Bowles, concretamente de Zacharie Cloutier, quen viviu entre 1617 e 1708.

Pero aí non queda todo. Addams descubriu tamén lazos de consanguinidade entre a 'Material Girl' e a cantante Celine Dion. Neste caso, o personaxe que as une chamábase Jean Guyon e viviu entre os anos 1619 e 1694 en Quebec.

Segundo o estudoso, Madonna "está fascinada polo achado".

¿E Camilla? "Tamén, ela é unha gran fan da estrela do pop", asegura Addans.

Fonte: ¡¡¿¿Primas??!!. 20minutos.es. 16.03.2006 - 21:38h.