Logo do sitio de Cyndi O directorio xenealóxico de Cyndi Howells, Cyndi´s List of Genealogy Sites on the Internet, cumpriu xa dez anos.

Aínda que en inglés, foi o guieiro para xenealoxistas de tódalas linguas, para atopar recursos por países, software, deprender a publicar en Internet, darse a coñecer. Non en balde é o directorio sobre o tema máis amplo do mundo, aínda que non esteamos todos.

Cunha amable mensaxe comezaba a súa andaina na rede o martes 5 de marzo do 1996. Seino hoxe, xa que eran outros tempos, i eu non cheguei co meu Mosaic hasta fin dese ano.

Aínda que a eficacia dos buscadores de hoxe en día réstalle protagonismo, o directorio de Cyndi segue a ser un bo recurso nalgúns casos.

¡Noraboa!!