Logo de Eusko Ikaskuntza e a Diputación Foral de Alava

A Deputación Alavesa maila entidade Eusko Ikaskuntza veñen de realizar ó longo de catro anos un amplo estudio sobre a heráldica de máis de 400 poboacións da provincia.

O traballo levado a cabo polo membro de Eusko Ikaskuntza, Juan Vidal Abarca e a historiadora Mónica Pérez de Heredia, non foi somentes de recolleita de datos, xa que só 33 dos 51 axuntamentos posuían escudo, e 16 das xuntas tampouco tiñan. Nestes casos tívose que criar un novo deseño axudándose de elementos relevantes coma o nome do concello.

Ó mesmo tempo o profesor da UPV Iñaki Bazán, fixo un estudio histórico de cada municipio así coma pequenas biografías de persoeiros.

Toda a obra editarase en breve, en total doce volumes dedicados á historia e un máis ós deseños heráldicos. Máis tarde editarase en CD.

Fontes: