Páxina web da Xunta de Galicia A reactivación do Proxecto Toponimia de Galicia vai permitir que once concellos galegos presenten este ano a súa microtoponimia, é dicir, os nomes dos montes, veigas, camiños, parroquias e outras entidades menores dos municipios galegos.
Na actualidade, 54 concellos teñen rematado o proxecto de nomenclatura menor, e outros 49 aínda non o iniciaron. No resto dos concellos galegos o proxecto atravesa por distintas fases.

Segundo explicou Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, a actividade actual concrétase tamén no deseño e na posta en uso, a finais deste ano, dunha páxina web onde se vaian incorporando os datos, que se poderán consultar libremente. Ademais, procesaranse as bases de datos dos concellos que xa teñan o traballo de campo rematado e dixitalizaranse as ortofotos dos concellos que pasaron pola supervisión da Comisión de Toponimia.

Fonte: O proxecto Toponimia de Galicia incluirá a microtoponimia de once concellos galegos antes de finais deste ano. Novas da Xunta de Galicia