Asociación Galega de Onomástica O II Congreso Internacional da Onomástica Galega rematou o pasado 21. Moitos de nós seguímolo (é un dicir) polas notas que sobre o mesmo foi publicando a prensa. Aínda que dun xeito moi superficial polo menos sérvennos para aproximarnos ó que alí se falou, i é polo que fixen unha recolleita cos enlaces das noticias que entendín máis relevantes en orde cronolóxico. Para animar a leelas enteiras engadín unhas citas.

  • O topónimo Pontevedra non ten nada que ver con Pontus Veteris. Entrevista Gonzalo Navaza . La Voz de Galicia. 19/10/2006
    (http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5204799)
    Temos uns apelidos comúns co castelán e outros exclusivos. Rodríguez pode ser galego, castelán ou de outras áreas. Entre os exclusivamente galegos os máis frecuentes son Vázquez (Velázquez en castelán) ou Méndez (Menéndez).
    [...]
    É un nome transparente formado por dous elementos, o substantivo Ponte, e Vedra, do latín vetera, antiga. Ponte antiga. Desde logo non ten nada que ver con ese nome Pontus Veteris que utilizan para o desfile de moda, porque iso en latín sería O mar do vello.
  • Perigan centos de apelidos galegos. Entrevista Ana Isabel Boullón Agrelo. La Voz de Galicia. 20/10/2006
    (http://www.lavozdegalicia.es/se_sociedad/noticia.jsp?CAT=105&TEXTO=5208661)
    Hai apelidos toponímicos que están no segundo lugar e que só teñen quince ou veinte ocorrencias, e se non se toman medidas, acabaranse. Están por exemplo Présaras, Doncos, Viladóniga, Bosende... E os hai que teñen só unha ocorrencia, como Belvís, Foncuberta, Paíño, Esmoriz... É importante que se difunda que a lei permite que o primeiro apelido non sexa o do pai. Hai que vencer prexuízos patriarcais e pensar que é mellor para o neno, que teña o apelido máis común ou o que o identifique propiamente.
  • Destacados especialistas debaten en Pontevedra sobre distintos aspectos da onomástica. La Voz de Galicia. 20/10/2006
    (http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5208660)
    O experto da ONU para nomes xeográficos Henri Dorion aportou a experiencia do seu país, Canadá, onde si existe amparo legal á toponimia. «Hay muchas posibilidades -indicó-. La solución ideal es tener una ley que establezca muy claramente los poderes y los deberes de una autoridad toponímica, que tiene el poder de decidir cuál será el nombre oficial, cuál será su forma y también el contexto de su uso. En Canadá el poder lo tienen las provincias».
  • Una teoría de investigadores italianos sitúa en Galicia la cuna del mundo celta. La Voz de Galicia. 21/10/2006
    (http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5211444)
    Francesco Benozzo dice: «Existe una afinidad de tipo arqueológico y genético que demuestra que ésta era un área compacta en el Paleolítico y Galicia es el núcleo original; la población céltica siguió al norte y llegó a Irlanda, que se estaba formando como isla»
    [...]
    Así, según su teoría, la lengua celtibérica que se habló en la España central es una variante muy tardía de la antigua lengua céltica originaria de Galicia. «Usando la terminología de hoy, España sería una colonia de Galicia, no al contrario»
  • Alonsomanía. La Voz de Galicia. 22/10/2006
    (http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5214236)
    Nesta última xornada, o catedrático de Lingüística Indoeuropea da Universidade de Salamanca, Francisco Villar Liébana, fixo un percorrido histórico sobre os diferentes estudos sobre a toponimia da península ibérica e abogou pola indagación da etimoloxía do conxunto da toponimia para establecer que línguas se falaron en cada área, e non seguir a metodolosía contraria de interpretar a toponimia en base á lingua da que se cree orixinaria.
  • ¿É ou non é celta a orixe do pobo galego? Xornal, domingo 22 de octubre de 2006
    (http://www.xornal.com/article.php3?sid=20061021203705)
    Ana Boullón deu a coñecer tamén nesta cita un dos proxectos máis interesantes sobre a onomástica que están nestes momentos están en curso: a creación dunha páxina web que constituirá unha representación cartográfica dos apelidos que hai nos 315 concellos galegos. Cun sinxelo sistema de cores poderá observarse qué apelidos se atopan en cada zona e con qué frecuencia.
    A web está sendo preparada polo Instituto da Lingua Galega, cos datos procedentes do censo da Real Academia Galega.de todos os apelidos de Galiza no ano 2001, e a colaboración do CESGA (Centro de Supercomputación de Galiza). Tras esta presentación para os membros do Congreso, fárase unha presentación oficial da web a vindeira semana en Santiago.
  • O II Congreso Internacional de Onomástica Galega chega ao seu fin. Xornal, domingo 22 de octubre de 2006
    (http://www.xornal.com/article.php3?sid=20061022122740)
    No acto de clausura estiveron presentes a Concelleira de Cultura de Pontevedra, Dona María Xesús López Escudeiro, a directora do Instituto da Lingua Galega, Dona Rosario Álvarez, o profesor da Universidade de Vigo, Gonzalo Navaza e a presidenta da Asociación Galega de Onomástica, Luz Méndez. López Escudeiro deu os seus parabéns os organizadores e dixo que “no ano da recuperación da memoria, é necesario a recuperación dos nomes dos lugares nos que vivimos e dos nosos nomes, dos propios”.