Dar exemplo sobre a necesidade de recuperar as formas propias dos nomes e apelidos galegos. Esta é a idea coa que o Bloque Nacionalista Galego presentaba fain uns días no Parlamento unha Proposición non de Lei na que lle solicita á Xunta a posta en marcha dunha campaña que anime a políticos e persoeiros públicos a galeguizar os seus nome e apelidos. Bieito Lobeiro, voceiro de lingua deste partido, recordou que existe unha grande cantidade de nomes de persoa que están castelanizados, con exemplos coma Villarino ou Ameijeiras.

Fonte: culturagalega.org