Berto ven de publicar unha curiosa aplicación que mostra unha representación dos topónimos galegos na forma de nube de etiquetas según a densidade: os que maior número de veces aparecen móstranse cun tamaño de fonte maior e viceversa.

Consta de 37.000 topónimos extraídos do Nomenclator 2006 do INE, i os resultados están enlazados co Nomenclator oficial da Xunta, permitíndonos localizar doadamente os lugares no espazo físico.

É un traballo compartido estando a disposición pública tanto a base de datos como o código PHP empregado.