Milleiro infórmanos da campaña informativa emprendida por A Mesa pola Normalización Lingüística, para a galeguización de nomes e apelidos. A edición impresa do semanario A Nosa Terra, faise eco da noticia, facendo fincapé nos principais puntos da reforma da lei reguladora:
“...permite regularizar ortograficamente os apelidos deturpados, traducir aqueles que proceden doutra lingua e, en terceiro lugar, inverter a súa orde, para que o da nai poida figurar en primeiro lugar.” "Desde a Mesa indican que en esta última posibilidade tamén ten importancia desde o punto de vista lingüístico porque facilita a transmisión dos apelidos de orixe galega que se perden por pertencer a nai.
"Estas modificacións tamén aparecen recollidas nun folleto que se fará chegar aos Rexistros Civís, ao igual que modelos de instancia. A novidade desta campaña, é que os responsábeis da Mesa distribuirán o material en diferentes parroquias a través de cregos comprometidos co idioma".

Pódese amplialo tema na páxina da Universidade de Santiago :
¿Como galeguizar nomes e apelidos?
En En Nome Propio: Campaña de galeguización de nomes e apelidos. da C.I.G. (máis completo, inclúe impresos)