Hoxe recibín no correo un regalo dos que non acostumo entre tanta publicidade e recibos bancarios. Remitido por Cesar Gómez Buján, Secretario da Asociación de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia, tiña nas miñas mans o primeiro Boletín editado por esta Asociación, o número 1.

Non fixen máis que ollalo, pero penso que esta noticia require de máis celeridade pola miña parte, e de máis espacio de acordo coa súa natureza.

E xa que sodes moitos os que vos interesastes polo boletín, vouvos detallar o seu contido, para que vexades que merece a pena.

Non vou entrar agora nas primeiras follas de adhesións, membros, fins, e pequena historia da Asociación, xa que penso publicar outro artigo específico sobre a Asociación.

O Boletín ten tres apartados: Nobiliaria, Heráldica e Xenealoxía, e un cuarto de Varios.

NOBILIARIA
  • Títulos Nobiliarios de los hijos de Galicia, Carlos Acuña Rubio. Comprende unha relación “de los títulos nobiliarios hereditarios de duque, marqués, conde, vizconde y barón, concedidos por los soberanos desde finales del siglo XIV que cumplen cualquiera de estas condiciones:

    • Que los primeros poseedores fuesen naturales de Galicia.
    • O que los primeros pseedores fuesen hijos de gallegos.
    • O bien que los nombres de los títulos hagan referencia a lugares de Galicia.

    Si ben, coma di o autor, ainda non están todos, pero o listado completarase en próximas publicacions.

  • Concesión do título de Conde de Villapún a Don José Bruno Magdalena García de Vilouta dono de Villapún e da súa Xurisdicción na provincia de Lugo. Luis Pérez Fernández y Luis Fernando Pérez Méndez. Consta dunha breve sintese histórica e a transcrición na súa totalidade do manuscrito onde se concede o título, e que se conserva no arquivo da Casa-Fortaleza de Camba, en Rodeiro, Pontevedra.

HERÁLDICA

  • ORIGEN DE LA HERÁLDICA COMPOSTELANA. Tumbos medievales de la Catedral de Santiago, Carlos Acuña Rubio. Neste artigo o autor, nos acerca ós primeiros deseños heráldicos de Galicia do século XII. Gracias a uns libros de rexistro de documentos que se gardaban nuns recipientes a xeito de pequenos sepulcros, “tumbos”, é que podemos ver eses deseños. E nós agora tamén xa que aparecen varias ilustracións en cor no artigo. Un deles, que ilustra as primeiras particións do escudo en catro cuarteis, é o que sirve de fondo difuminado na portada e contraportada do Boletín de xeito moi apropiado na miña opinión: fusión dos primeiros deseños co primeiro Boletín.
  • El Escudo de la Provincia de Pontevedra. César López Marras. Historia do escudo seguida varias ilustracións deste representado en cuños por diferentes organismos.
  • Armorial de Fonseca en Pontevedra. Isidro M. Malet Andreu. Séguese o rastro da liñaxe dos Fonseca pola cidade de Pontevedra, deténdose nas súas pedras armeiras. Cinco escudos se relacionan, acompañando as fotografías de tres deles, e unhas ilustracións dos outros dous.
  • Un Enigmático Blasón en la heráldica de los Pazos de Casalnovo y A Buzaca, Grato E. Amor Moreno. Apuntes sobre unha curiosidade observada nestes pazos de Caldas de Reis e Moraña respectivamente. Observa o autor, e nos nas fotografías, a coincidencia do segundo cuartel do de Casalnovo, e a terceira partición do de Buzaca, que lle foi imposible .........hai que lelo.
  • Informe técnico y proyecto de escudo heráldico para el Concejo de Baiona (Pontevedra), Luis Messía de la Cerda y Pita. Apoiándose no estudio específico para Baiona, pódense tirar conclusións da man do autor para outros axuntamentos de Galicia, e sobre heráldica municipal.

GENEALOGÍA

  • Xenealoxías Dezanas. Os Vilariños de Cangas. César Gómez Buján. Amén dunha pequena reconducción á xenealoxía hoxe en día, o autor vai desenrolando o estudio xenealóxico dos Vilariño, non sen certa narrativa que axudada de imaxes coas firmas dalgúns protagonistas, fan máis doada a súa lectura. A ninguén se lle oculta, penso eu, a dureza dun texto só con nomes e fechas. E de quen se está a falar: Alonso de Vilariño casado con Catalina de Vilariño (principios do 1500 aprox.) fundadores de dous vínculos a Casa do Escribán e a Casa de Riba.
  • Notas Genealógicas de la Casa de Torre do Souto en Sísamo, Bergantiños. Aportaciones del archivo del Pazo de Don Freán. Francisco Rubia Alejos. Comienza el trabajo con una ilustración de las armas de los Pose seguida por la reproducción de un documento con la dscripción física de la Casa de Sísamo. Comienza la genealogía con Dr. D. Juan Antonio Pose de Soto, vecino de Santiago, que casó con María Antonia Freire de Castro y Lamas (24-V-1676) y sigue su descendencia.
  • A Familia Arias Teixeiro. Carlos de la Peña Vidal. Comienza el estudio en D. Arias Conde do Piñeiro casado con Dª Elvira Sánchez Varela, su hijo D. Arias Conde de Paimil casó con Dª María Fernández do Castelo y de estos ya tenemos al primer Arias Teixeiro: D. Bernardo Arias Teixeiro, nacido en Sta. María de Baamorto, Monforte de Lemos.
  • Historia Genealógica de los “Rodríguez Toubes” (Descendientes de los Señores de la Casa da Touza, Eduardo Viscasillas Rodríguez-Toubes y Carlos Acuña Rubio. Comienza esta genealogía en D. Álvaro Vázquez de Toubes, de la Casa da Touza y coto de San Dulces.
  • A Familia Dezana de Emilia Pardo Bazán. Joaquín Villar Calvo. Datos pouco coñecidos da familia materna da escritora, a xeito de homenaxe nos 150 anos do seu nacemento.

Y remata o presente Boletín coa sección VARIOS :

  • Documentos de los Taboada (1ª parte) César Gómez Buján.
  • Una transcripción de una Real Cedula del año 1776 en la que se encarga a los responsables eclesiásticos que los esponsales de los hijos se celebren con consentimiento paterno, perteneciente al Arquivo Gómez Buxán.
  • La Casa Solar de los Cicerón y Centeno en Tui. Plácido Méndez Cruces.

PEDIDOS ¿Donde podemos solicitar el Boletín? Directamente a la Asociación de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia https://www.facebook.com/galiciagen