Atenea 21
Título:	Heráldica na Comarca de Ferrol. Algúns exemplos da súa evolución
Autor:	Fernando Dopico Blanco
Publicación:	Atenea. Nº 21. Revista trimestral do Ateneo Ferrolán, Outubro-Novembro-Decembro, 2005
Páginas:	31-35.

Graciñas ó autor por achegarme este segundo traballo que vos paso a relatar.

Parte dunha paraheráldica (ou heráldica de trazado libre) primitiva como é o pentagrama atopado en Naraío; pasando polo escudo apuntado coas armas dos Andrade da Torre de Boado, en Franza; o mausoleo de Vasco de Chanteiro, Caamouco, coas armas dos Serantes, Tenreiro e Piñeiro de Naraío; Pedro de Sillobre; San Salvador de Serantes cos iniciadores da Casa de Serantes: Gómez Freire de Andrade e Beatriz de Serantes; a pedra armeira de Cucheiro, en San Estevo de Sedes; as armas de Lanzarote de Lago e Andrade, señor do Pazo de Barallobre; o Pazo da Mercede (amplamente tratado en Pazos de Ferrol e comarca), para rematar coa complexa composición do Pazo de O Baño, en Mugardos.

Nove fotos ilustran as principais labras heráldicas comentadas no texto.

Contén o artigo un glosario alfabético dos termos heráldicos empregados no mesmo.

Un rápido percorrido pola comarca que o autor fai na confianza de poder ofrecer dentro de pouco tempo unha obra máis extensa e detallada coa inclusión das veciñas terras de Trasancos e Bezoucos.

Bibliografía

Dopico Blanco, F. (2005). Heráldica na Comarca de Ferrol. Algúns exemplos da súa evolución. Atenea, Nº 21, pp. 31-35.