PREHISTORIA
- 5.500 a. C.- Aparecen as primeiras arquitecturas: medoñas, antas, mámoas, pedras fitas e petroglifos.
- 4.000 a. C.- Aparición da metalurxia e a cerámica campaniforme.
- 1.800 a. C.- A Idade de Bronce ten os seu apoxeo en Galiza. Fortes relacións comerciais no atlántico.
- 900 a. C.- comenza o periodo Sub-atlántico o clima de Galiza é xa mais ou menos como o coñecemos hoxe.
- 700 a. C.- Aparece a Cultura Castrexa. Primeiras relacións comerciais co mundo mediterraneo.
- 600 a. C.- Finaliza a Idade de Bronce. Comenza a Idade de ferro.
- 200 a. C.- A Cultura Castrexa ten o seu apoxeo.
IDADE ANTÍGUA
- 139 a. C.- Primeiro contacto galaico-román. A incursión de Quinto Servilio Cepión que desvasta as terras dos Gallaici.
- 137 a. C.- Incursións de Décimo Xunio Bruto, que chegará a ser chamado "O galaico". Época Xulio-Claudio.
- 100 a. C.- Época Flavia Román. A cultura Galaica segue a ser ágrafa.
- 25 a. C.- Comenzan as Guerras Cántabras.
- 22 a. C.- Astures e Cantabros tornan a sublevarse. Nesta data aconteceu o famoso episodio de Monte Medulio.
- 1 a. C.- Aparecen as primeiras mencións as divisións territoriais. Os Conventos Xurídicos.
- 15 a. C.- Censo de Agrippa. O convento Lucense ten 16 pobos e 166.000 homes libres o Bracarense 24 e 285.000.
- 68 d. C.- Desaparece a organización militar augústea no NW. Galba sublévase o emperador Nerón.
- 70 d. C.- O historiador Plinio fai as primeiras relacións de pobos que ocupan o noroeste.
- 74 d. C.- A I Gallica volve a Aquis Querquernis. (Bande Ourense).
- 79 d. C.- Erupción do Vesubio e desaparece Pompeia. Na Gallaecia e inaugurada a Via Nova e a cidade de Aqua Flaviae (Chaves)..
- 200 d. C.- Desaparece a Cultura Castrexa e indíxena e da paso a sociedade galaico-román.
- 218 d. C.- Eclosión de Viás na Gallaecia. Colocánse os cinco miliarios de Chaves. Tempos do emperador Caracalla.
- 300 d. C.- As élites galaicas-románs empezan a escribir en latín.
- 370 d. C.- Prisciliano aparece na historia de Gallaecia. Aparición das primeiras comunidades cristiáns.
- 385 d. C.- Prisciliano e executado en Tréveris. Os seus restos son traidos a Gallaecia e comenzan a ser venerados.
- 400 d. C.- I Concilio de Toledo. Dictinio, Exuperancio, Balconio, Vegetino, Ortigio, Anterio, e Isonio son os representantes galegos.
- 406 d. C.- Vándalos, alanos e Suevos cruzan xuntos o Rhin por Maguncia na procura do Finisterre. Os Suevos sepáranse e diríxense cara a Bélxica.
- 409 d. C.- Os Suevos tornan a reagruparse cos Vándalos e Alanos e cruzan os Pirineos. Os Suevos eran apenas 30.000 individuos. Hermerico rei (409-43
- 410 d. C.- Os visigodos de Alarico saquean Roma.
- 411 d. C.- Os godos entran na Hispania. E o final da dominación román é o comenzo da Idade Media.
O REINO SUEVO DE GALLAECIA. A IDADE MEDIA
- 413 d. C. A Hispania e repartida. A os Suevos correspóndelle a Gallaecia. Creáse o primeiro Reino independiente de Europa.
- 415 d. C.- Egeria, beata galega comenza a súa peregrinaxe a Xerusalén. Os Visigodos entran na Terraconense.
- 419 d. C.- O Bispo Paulo Orosio e perseguido en Braga e ten que refuxiarse en Africa. Os Suevos e Vándalos Asdingos loitan entre si polo territorio.
- 422 d. C.- A expedición román contra os vándalos encabezada por Castino é derrotada.
- 429 d. C.- Hermegario caudillo suevo lánzase contra as terras abandoadas polos Vándalos. Foi morto por istes na veira do rio Guadiana.
- 431 d. C.- O galaico Idacio viaxa as Galias como embaixador dos galegos, na procura de protección contra a invasión sueva.
- 433 d. C.- Nova paz entre os Galaicos e os invasores Suevos.
- 438 d. C.- O rei de Gallaecia Hermérico (438-441), asocia o trono o seu fillo Rékhila, tres anos despois morre no olvido
- 440 d. C.- Rékhila toma a forza a cidade de Mérida. A Gallaecia, a Lusitania, a Bética e a Cartaginense quedan baixo o poder dos Suevos.
- 441 d. C.- Rékhila único rei da Gallaecia. (441-44.
- 447 d. C. O Papa escribelle o Bispo toribio de Astorga, falando da resurección do Priscilianismo na Gallaecia.
- 448 d. C.- Rékhila morre pagán en Mérida. Só a provincia Terraconense, fica ligada o Imperio Román. Seu fillo casa con unha filla de Teodomiro I.
- 453 d. C.- O Reino Suevo fica reducido as provincias de Gallaecia e Lusitania. Turismundo rei dos visigodos morre asesiñado. Teodomiro II rei.
- 456 d. C.- Reckiario Rei Suevo de Gallaecia e derrotado na batalla do Órbigo por Teodomiro II. O rei é executado en Oporto. Braga a capital é arrasada.
- 457 d. C.- Teodomiro II manda arrasar os "campos Galliciae". Astorga é tomada e saqueada. Despois Palencia. Os visigodos parten cara as Galias.
- 460 d C.- Gallaecia está dividida entre os caudillos Madrás na Braccarense e Remismundo na Lucense. Neste ano morre Maldras asesiñado en Oporto.
- 464 d. C.- O sustituto de Maldras, Frumario morre quedando Remismundo único rei do pobo suevo. A poboación galaico-román segue a ser escarnizada.
- 465 d. C.- Os suevos comenzan os ataques contra os Aunonenses, o pobo indíxena asentado seguramente en Tui. Teodomiro Rei de Gallaecia.
- 466 d. C.- Opilio embaixador dos Aunonenses, pidelle axuda o rei visigodo Eurico. Dous anos despois fírmase a paz entre suevos e Aunonenses.
- 468 d. C.- Lisboa e entregada os suevos por Lusidio, que traicciona o emperador Antemio. Merida e ocupada polas tropas visigodas.
- 469 d. C.- Morre Idacio principal historiador sobor dos tempos do reino Suevo.
- 538 d. C.- Os suevos contreñidos en Gallaecia, empezan a convivir pacimicamente coa poboación indixena, en busca de alianzas internas.
- 559 d. C.- Teodomiro Rei de Gallaecia, convírtese o cristianismo. Galiza convírtese no primeiro reino cristián da historia.
- 570 d. C.- Morre o rei Teodomiro. e sustituido polo rei Mirón (570-583)
- 583 d. C.- Hermenexildo príncipe cristáin do rei visigodo Leovixildo, subleva á Andalucía. O rei Mirón irá na súa defensa. O retirarse morre camiño do reino.
- 584 d. C.- O Rei Mirón é sustituido polo seu fillo Eborico, que actua como vasalo do rei Leovixildo. Andeca usurpa o trono de Gallaecia e depón o rei.
- 585 d. C.- Fin do reino Suevo. Andeca cae prisioneiro. Leovixildo ocupa de Braga (a capital) e Oporto. Apodérase das insineas reais da coroa de Gallaecia.
GALLAECIA NO REINO VISIGODO DE HISPANIA
- 586 d. C.- Morre Leovixildo (571-586), en Toledo. Gallaecia e integrada no reino visigodo. Seu fillo Recaredo sube o trono (586-601).
- 589 d. C.- Concilio III de Toledo. O rei Recaredo convírtese o catolicismo.
- 601 d. C.- Morre Recaredo en Toledo, despois de recibir penitencia pública. Seu fillo Liuva rei (601-603).
- 603 d. C.- Witérico depón o rei Liuva e asume o trono (603-610).
- 610 d C.- O rei e asesiñado nun bánquete. Gundemaro Duque de Septimanía e elevado otrono visigodo (610-612).
- 612 d. C.- Morre o rei Gundemaro antes fixera a guerra a Bizancio e os Vascóns. Sisebuto rei (612-621).
- 620 d. C.- San Isidoro de Sevilla escreve a súas etimoloxías. Cartaxena cae en poder dos visigodos.
- 621 d. C.- Sisebuto morreen Toledo despois de construir as murallas da cidade. Seu fillo Recaredo II só reina uns días. Foi sustituido por Suínthila (621-631).
- 625 d. C.- Os Vascóns son derrotados e Suínthila e rei da totalidade da Hispania.
- 631 d. C.- Rebelión nobiliaria o rei é deposto. Sisenando e proclamado rei en Zaragoza. (631-636) A Gallaecia segue fora da órbita do poder.
- 636 d. C.- Morre sisenando e San Isidoro de Sevilla. Khíntila rei (636-639).
- 638 d. C.- Concilio VI de Toledo. Acuden 7 bispos da Gallaecia.
- 639 d. C.- Morre Khíntila e sucedelle o seú fillo Tulga. (639-642).
- 642 d. C.- Khindasvinto depón o xovén Tulga. O novo rei era un vello octogenaro na súa subida o trono (642-653).
- 649 d C.- Recesvinto é asociado o trono.
- 653 d. C.- Morre Khindasvinto e Recesvisto e rei único da Hispania visigoda. (649-672).
- 655 d. C.- Concilio IX de Toledo. Potamio de Braga e deposto . Fructuoso abade de Dumio e nombrado metropolitán de Dumio.
- 666 d. C.- Oroncio consegue do rei a restitución das diocesis da Lusitania que quedaran dentro da ordeación do Reino Suevo de Gallaecia.
- 672 d. C.- Morre o rei Recesvinto en Gérticos en territorio de Salamanca. Wamba rei de Hispania (672-680).
- 673 d. C.- A Galia Nerbonense sublévase. El duque Paulo traicciona o rei e Barcelona cae en poder dos insurreptos. gallaecia continua fora dos centros de poder.
- 675 d C.- Concilio XI de Toledo e III de Braga.
- 680 d.C.- Wamba e deposto. Sube o tono Ervigio (680-687).
- 684 d. C.- Concilio XIV de Toledo.
- 687 d C.- Morre Ervigio e sube ó trono de Hispania Egica, que é unxido rei en Toledo. (687-689/700).
- 688 d. C.- Concilio XV de Toledo, acuden 8 bispos de Gallaecia.
- 693 d. C.- Reunese o Concilio XVI de Toledo. Acuden 6 bispos galegos.
- 698 d. C.- Witiza é convertido en rei asociado o trono do seu pái. O xovén rei establece a súa corte en Tui.
- 700 d. C.- Witiza é uncido rei. (700-702/710).
- 710 d. C.- Witiza morre xovén os 30 anos de idade. Os seus fillos non serían coroados. Rodrigo Duque de la Bética será uncido rei. (710.711)
- 711 d. C.- O conde don Xulían facilita o desembarco de Tarik ben Ziyad en el monte Calpe. Trátase da invasión musulmana da peninsula.
- 714 d. C.- Galiza recibe as primeiras incursións dos arabes. A fronteira sur do Douro e abandoada xunto vilas e terras.
- 739 d. C.- Afonso I de Asturias (739-757), inagura a politica expansionista do reino asturianés. Inicia a politica de repoboación da costa Cantábrica de Gallaecia.
- 757 d. C.- Morre Afonso I e sucédelle o seu fillo Fruela I, (757-76. Na batalla das Pontes de Garcia Rodriguez., libera a Gallaecia da presencia dos mouros.
- 791 d. C.- Sube o trono de Asturias Afonso II. (791-842). Os vikingos e musulmanes atormentan os galegos con continuadas incursións.
- 820-830 d. C.- Nalgún ano de ista decada aparece o corto do apóstolo Santiago. É a Inventio.
- 842 d. C.- El-rei morre sen fillos. E designado Ramiro I, pero o poder é tomado por nobles asturianeses sublevados. El-Rei ramiro fuxe a Lugo.
- 843 d. C.- Ramiro I recobra o poder, gracias o apoio da nobreza galega. E a incursión das nosas élites na politica do reino astur.
- 850 d. C.- El conde Gatón cuñado de Ordoño I, ocupa Astorga e O Bierzo.
- 860 d. C.- Hermenexildo Gutiérrez e Afoso Betote, condes galegos ocupan Tui.
- 866 d. C.- Morre Ordoño I. O conde Fruela usurpa o poder. Rei de Asturias Afonso III (866-910). Vinculará a nobleza galega por medio de lazos de sangue.
- 868 d. C.- Vimara Pérez ocupa Oporto e funda Guimaraes. Hermenexiildo Gutiérrez e Pelaez Pérez ocupan Braga deles descenderan as grandes casas galegas.
- 873 d. C.- O condado de Navarra erixese en reino. O seu primeiro rei será García Sánchez.
- 880 d. C.- Afonso III, asocia os seu fillos o trono. Ordoño e coroado rei de Galicia. García León nova capital do reino e Fruela Asturias.
- 910 d. C.- Morre Afonso III.
- 914 d. C.- Ordoño II rei de Galiza, Asturias e León. (910-924). E o apoxeo da nobreza galega na corte.
- 924 d. C.- El-rei de Galiza Ordoño, morre. Seu irmao Fruela II sube o trono (924-931). Intentará desface-lo poder dos galegos acadada nos tempos do seu irmao.
- 931 d. C.- Ramiro II asume o poder (931-951). Os cinco anos retirarase a un convento. A nobreza galega tentará de situar os fillos de Ordoño no trono.
- 951 d. C.- Morre El-rei Ramiro e remata a época dourada do reino de León. Ordoño III accede o trono coa axuda da nobleza galaica (951-956). Para aplacar a belicosidade dos condes galegos Ordoño mandará unha campaña que arrasrá a Lisboa musulmán.
- 956 d. C.- Morre o rei Ordoño III é sustituido por Sancho I. (956-966). O novo rei non ten vinculacións con Galiza. Escomenza unha politica para abaixar o poder nobiliar.
- 966 d. C.- O conde Fernán González e a meirande parte dos condes galegos expulsan o rei Sancho do reino. Poñen no sue lugar o rei Ordoño IV (958-960).
- 968 d. C.- El rei Sancho I recobra o seu trono gracias o cambio de chaqueta do conde Fernán González e o apoio do Califato de Cordoba.
- 966 d. C.- Sancho castiga severamente a sublevación dos condes galegos. O bispo Sisnando Menéndez e encerrado nunha carcere e somete os condes da fronteira portuguesa. O rei e envenenado nun banquete de reconciliación. Sucederalle Ramiro III (966-985) é daquela todo un neno. A nobleza galega actua como si non existira de feito o rei.
- 981 d. C.- Vermudo II (998-999) principe e noble galego, é coroado rei pola nobreza galega. O rei Ramiro só conservará a cidade de León.
- 985 d. C.- Morre Ramiro e Vermudo II asume a totalidade do reino de Galiza, León e Castela. O rei actua con firmeza para asenta-lo seu poder. Nova insurrección da nobleza galega. Almanzor Arrasa Santiago e volve a conquerir as terras do Douro. A cidade de León expulsará varias veces o rei Vermudo a quen consideran un usurpador galego. Coa axuda de novo da nobreza galega o rei conseguirá asentando a súa autoridade.
- 999 d. C.- Afonso V (999-1027), sube o trono tutelado polo conde galego Melendo Gonzalez. Encauzará as inquIetudes nobiliares ata as guerras para reconquistar Portugal.
- 1027 d. C.- O rei morre en combate sucédelle o seu fillo Vermudo III (1027-1037). Os noble comenzarán unha época de pillaxe e ocupación de terras. ë o caos.
- 1037 d. C.- Vermudo III morre na batalla de Tamarón é o derradeiro rei de casa de León. A nobleza galega tendrá que someterse. Dona Sancha herdará o reino de León e Fernando I será o primeiro rei de Castela. (1037-1065).
- 1065 d. C.- Morre El-rei Fernando I despois de someter o seu irmán Garcia de Navarra. Internouse nos reinos de Murcia e Sevilla, e fixo vasalo do seu reino o rei de Toledo. A súa morte reparte o seu reino entre os seus fillos. O primoxénito Sancho herdará Castela. Afonso o favorito herdará León. García o menor recibirá Galiza e Potugal. As fillas, Urraca o infanzado de Zamora e dona Elvira o de Toro.
- 1071 d. C.- O rei de Castela Sancho, usurpa o trono do seu irmán Garcí rei de Galiza, e iste fuxe ó Al-andalus.
- 1072 d. C.- Sobe o trono de Castela Alfonso VI, despois da morte da morte do seu irmán Sancho nas maos de Vellido Dolfos.
- 1090 d. C.- Morre o rei Garcí no castelo de Luna onde fora apresado, despois de tentar recuperar-lo se trono e reino. A crónica de istes feitos ficarán descritos no Chronicóns Iriense, apéndice da Compostelana, 610, 3. Deixa un herdeiro Ramiro infante de Galiza, que aparece suscribíndo unha doazón no mosteiro de Sahagún. Ramirus infans Garciae Regis Filius.
- 1095 d. C.- Enrique de Borgoña e dona Tereixa desgaxan o condado de Portugal da antigua Gallaecia, comenza a independencia do páis irmán. Neste mismo ano traladarase a sede da cabeceira da diocesis de Iria a Santiago.
- 1104 d. C.- Afonso VI concede as terras de Lemos, Sarria a Froila Díez. Xunto a súa muller Estefanía Sánchez fundará a vila de Monforte na aba do monte.
- 1105 d. C.- Conságranse a meirande parte dos altares da Catedral de Santiago.
- 1107 d. C.- Morre o Conde de Galiza Raimundo de Borgoña.
- 1109 d. C.- Morre o rei Afonso VI. O seu fillo morrerá na batalla de Ucles. Asume o trono de Castela, León e Galiza, a súa filla Urraca I, (1109-1120).
- 1111 d. C.- Afonso Raimúndez, fillo da reiña de Castela e León, e do seu primer marido Raimundo de Borgoña, é coroado na Catedral de Compostela, polo obispo Xelmírez e o seu aio o Conde de Traba don Pedro Froilaz. É a resposta da caste nobiliar galega o matrimonio da reiña con Afonso I de Aragón.
- Rodrigo Vélaz fillo do conde magno Vela Ovéquiz, tenente das terras de Lemos e Sarria.
- 1114 d. C.- Morre Enrique de Borgoña conde de Portugal.
- 1115 d. C.- A reiña Urraca divórciase do rei de Aragón.
- 1118 d. C.- A reiña Urraca e Afonso Raimúndez fan doazón os fillos de Pedro Froliaz do edificio abandoado e propiedades do mosteiro de Sobrado.
- 1120 d. C.- Morre a reiña Urraca de León e Castela. O conde de Lemos e Sarria Rodrigo Vélaz peregrina a Xerusalem.
- 1122 d. C.- Segundo o Códice Calixtino, é colocada a derradeira pedra na Catedral de Santiago.
- 1123 d. C.- É encarcelado don Pedro Froilaz, por don Pedro González de Lara, ante a posibilidade de que se instaure a casa de Borgoña en Castela, a través do rei de Galiza Afonso Raimúndez.
- 1126 d. C.- Afonso Raimúndez, rei de Galiza é coroado rei de Castela e León, tomando o nome de Afonso VII o emperador.
- 1128 d. C.- Afonso Enríquez, conde de Portugal, vence os partidarios da súa nai e de Fernán Pérez de Traba, na batalla de San Mamede. Niste ano xa está morto Sancho III de Castela. Gutier Fernández de Castro asume a tutela sobor Afonso VIII.
- 1131 d. C.- Afonso VII, concede a Carta Pova a Ourense.
- 1137 d. C.- Afonso Enríquez asina o tratado de Tui, polo que xura vasalaxe a Afonso VII.
- 1139 d. C.- Afonso Enríquez vence os musulmáns na batalla de Ourique, escomenza a tratarse como Rei de Portugal. Nunha data posterior a iste ano Xelmirez encarga o Liber Beati Jacobi. Codex Calixtinus.
- 1142 d C.-.- Afonso VII de Galiza, León e Castela, recoñece a Afonso Enriquez como rei no tratado de Zamora. A Orde do Cister chega a Galiza.
- 1144 d. C.- Morre Rodrigo Vélaz conde de Lemos e Sarria e sustitueo na tenencia Álvaro Rodríguez de Sarria, seu fillo que tivera de dona Urraca Álvarez, filla a súa vez de Álvar Fáñez e dona Maior Pérez Ansúrez.
- 1147 d. C.-.- O rei de Portugal, conquire Santarem, Lisboa e outras prazas fortes asegurando a liña do Teixo.
- 1150 d. C.- O rei Afonso VII concédelle ó conde de Lemos Álvaro Rodríguez de Sarria a villa de Meira, pola a súa axuda na súa campaña contra Xaén.
- 1153 d. C.- Morre o conde Fernán Pérez de Traba.
- 1157.- Sube o trono Fernando II (1147-118, fillo menor de Afonso VII e dona Berenguela filla do Conde de Barcelona, Raimond Berenguer III. Herdará do seu pái Afonso VII, Galiza, León, Toro Zamora e Salamanca. O seu irmán Sancho III herdará Castela.
- 1158.- Fernando II asina xunto o seu irmán as bases para a conquista da España musulmán, no Tratado de Sahagún. Poco despois neste mismo ano morre Sancho III.
- 1161 d. C.- Os veciños de Lugo sublévanse contra o arzebispo de Lugo, tan grave é a situación que ten que intervir en persoa o rei Fernando II.
- 1164 d. C.- Fernando II da Foro a Padrón e Rivadavia.
- 1165 d. C.- Fernando II casa coa infanta portuguesa dona Urraca filla de Afonso Enríquez.
- 1166 d. C.- Fernado II conquire Alcántara.
- 1168 d. C.- O rei consegue a vasalaxe de Badaxoz. Concédelle o Mestre Mateo unha pensión vitalicia polas obras realizadas na Catedral de Santiago.
- 1169 d. C.- Fernando II, apresa o rei de Portugal en Badaxoz, permutará-la súa liberdade polos territorios e aquél conquistará en Galiza.
- 1170 d. C.- Fernando II remata por decidir o cambio de emplazamento da cidade de Tui. Os motivos son defensivos, ante o veciño portugués.
- 1177 d. C.- Fernando II concedelle foro a cidade de Lugo.
- 1178 d. C.- Fernano II, casa con Tereixa de Traba filla do seu aio Fernán Pérez de Traba.
- 1179 d. C.- O papa Alexandre III, recoñece por bula a Afonso Enríquez como rei de Portugal.
- 1180 d. C.- Raimbult de Vaqueiras nado en Vaucluse fai un descordo en lingua provenzal, italizano, francés, gascón e galego.
- 1182 d. C.- Dáselle a Carta Povoa a Ribadeo. Gutier Rodríguez de Castro, é o primeiro da sía linaxe que asenta nas terras de Lemos.
- 1183 d. C.- Fernando II e Afonso VIII, asinan o Tratado de Fresno-Lavandera, polo que acordan os limites dos seus respectivos reinos e a politica a seguir na conquista de Andalucia.
- 1188 d. C.- Morre Fernando II. Sucédelle o seu fillo Afonso IX que tivera con Urraca de Portugal. Neste mismo ano convoca en León a Curia Rexia, é o nacimento das primeiras corte de Europa. O Mestre Mateo asina o tímpano do Pórtico da Groria.
- 1197 d. C.- Inocencio III excomulga o rei Afonso IX, por casar con dona Berenguela filla maior de Afonso VIII de Castela.
- 1201 d. C.- Afonso IX concede o Foro a Baiona.
- 1204 d. C.- O impedimento Canónico desfai o matrimonio de Afonso e Bereguela e os dous monarcas de León e Castela torna a guerra.
- 1208 d. C.- Afonso IX, decide millorar o emplazamento do Burgo de Faro, cambiando a vila para o actual A Coruña.
- 1219 d. C.- Afonso IX autoriza o cambio de emplazamento de San Martiño de Tiobre (Betanzos) o Castro de Untia.
- 1212 d. C.- Asínase o Tratado de Coimbra Afonso VIII de Castela e Afonso IX de Galiza e León asinan a paz. O rei poderá entón acometer a conquista de Alcántara, Cáceres, Mérida e Badaxoz.
- 1218 d. C.- Fúndase a Universidade de Salamanca.
- 1225 d. C.- Concédeselle o Foro a Rivas de Sil.
- 1230 d. C.- Afonso IX ven en peregrinazón a Compostela. O rei morre en Vilanova de Sarrie e é sepultado na Catedral compostelana. Deixa os seus reinos de Galiza e León a súas dúas fillas Sancha e Dulce que renuncian a favor so seu hermanastro Fernando III.
- 1311 d. C.- O rei Fernando IV, entabla conversas con Rodrigo de Padrón arzebispo de Santiago, empregando o galego como língua oficial na corte.
- 1318 d. C.- Berenguel de Landoira novo arzebispo de Santiago, chega as portas de Santiago, tra un ano de preparativos para a súa viaxe dende Aviñón. Era fillo do nobre francés Arnaldo de Landore, señor de Solmiez e membro da familia condalde Rodez.
- 1330 d. C.- Morre Berenguel de Landoira, cando acompañaba as súas tropas o rei Afonso XI a guerra de Granada.
- 1320 d. C.- Alonso Súarez de Deza sublévase o novo arzebispo compostelán, a súa cabeza rodará no castelo da Rocha.
- 1333 d. C.- A meirande parte da Península está sometida a grandes fames.
- 1345 d. C.- Afonso XI, peregriña a Santiago de Compostela. Os veciños da cidade dirixidos por Giance de Tudela, consiguen a anulación da senteza de 1311, cos reintegraba o señorío do arzebispo. Créase o Reximento compostelán.
- 1348 d. C.- A peste negra chega a Galiza dende as costas do Norde de África.
(seguirá ......)