"O Instituto Padre Sarmiento acaba de concluír a transcrición dun manuscrito de principios do século XVII, logo dun traballo de tres anos, que aporta datos históricos acerca dos territorios que conformaron o condado de Lemos e a escisión dos marquesados de Vilafranca e Astorga, a finais do XV."

"A comenzos do século XVII o conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, encomenda a Frei Malaquías o estudio da linaxe de Lemos, polo que o abade estivo traballando varios anos no arquivo do conde, concentrado no castelo de Monforte." Un dos investigadores responsables da transcripción desta obra, titulada Cronología de los Jueces de Castilla, Isidro García Tato, explica que o seu autor é Frei Malaquíaa de la Vega, cronista da Coroa de Castela e protexido do sétimo conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro.

A obra reproduce moitos documentos dese arquivo, boa parte deles inéditos porque se perderan nun incendio orixinado no castelo.

O manuscrito data de 1625, en tempos do rei Felipe IV. Redactouse coa intención de ser publicado pero a morte repentina do mecenas, o conde de lemos, provocou que nuca saíra á luz. "A obra aínda que ata agora permanecera inédita,é de gran trascendencia para a historia dos territorios que conformaron o Condado de Lemos, en particular para os ubicados en Galicia", asegura García.

Aborda de xeito pormenorizado detalles anecdóticos de cando se produciu a secesión do Condado de Lemos dos marquesados de Vilafranca e Astorga, a finais do XV. Daquela a extensión do Condado de Lemos abranguía, ademáis dos territorios galegos, o sur do Bierzo, Vilafranca, Ponferrada e Vega de Valcárcel.

O manuscrito componse de máis de mil páxinas, escritas "cunha letra moi complicada, moi miúda e con moitos borróns", explica o historiador, que sinala que, a pesar destas dificultades, o orixinal, que se conserva na Biblioteca Nacional, pódese ler perfectamente porque os borróns están feitos nun tono diferente.

Sen embargo, os investigadores García Tato e Felipe Valdés Hansen traballan sobre unha copia, o que complicou o proceso. Este manuscrito, que xa se utilizou como base de diversos estudios, é a primeira vez que se transcribe completo. O proxecto, no que colabora o Consello da Cultura Galega, pretende preparar una edición cuidada da obra, acompañada dun estudio crítico.

Esta noticia es una reproducción de lo publicado en La Opinión. A Coruña digital.