Publicado en La Voz de Galicia:
Entre os historiadores non hai moito acordo no que respecta ó lugar de nacemento de Pedro Rodríguez de Remberde, que non é mencionado especificamente no seu testamento. Algúns, como Pérez Constanti, supoñen que era natural ou polo menos veciño de Sarria, baseándose no feito que foi nesta vila onde dictou o seu testamento. Outros, en cambio -como Manuel Amor Meilán-, supoñen que foi nativo de Monforte e relacionan o apelido Remberde co nome do barrio monfortino de Ramberde. Do mesmo parecer é o cronista oficial sarriao, Arlindo López Arias. «Na comarca de Sarria non hai ningún topónimo similar a Remberde, nin se coñecen outros casos históricos de personas que levasen ese apelido. O máis probable é que Pedro Rodríguez de Remberde fose monfortino e que o seu apelido proceda do barrio de Ramberde, porque nesa época era moi frecuente que os apelidos se tomasen do lugar de nacemento», afirma. «Se o apelido e o topónimo non coinciden exactamente, iso pode deberse tan só a un erro da persoa que redactou o testamento. Non é nada raro que haxa erros deste tipo en documentos notariais, nin entón nin hoxe», engade López Arias.

Lido en => La Voz de Galicia
Sobre Pedro Rodríguez Remberde => Ribeira Sacra