I XERACIÓN

  • Andrés de Barallobre “O fundador”. Procedía de Barallobre concello de Friol (Lugo). Casou en primeiras nupcias con Teresa de Prado. Filla dos donos da casa – fortaleza de San Xián de Friol. Tiveron por fillo a II.1. Casou en segundas nupcias con Constanza de Golmar. Tiveron por fillos a II. 2, 3, 4 e 5

II XERACIÓN

  1. Gonzalo. Escribán. Debeu nacer hacia a segunda metade do século XV. Casou en primeiras nupcias con María Hermosa. Casou en segundas nupcias con María de Roade.
  2. Ines. Casou con Gregorio Dascariz.
  3. Catalina. Casou con Rodrígo do Pandelo. Escribán.
  4. Fernando.
  5. Juan de Barallobre e Golmar. “O Cronista”. Debeu nacer a finais do século XV. Casou con Elvira Lope Martín. Filla de Ares Lope e Aldana Martín da parroquia de Codesoso concello de Sobrado (A Coruña). Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

  1. Catalina. Casou en primeiras nupcias con Bastián Dorjas. Casou en segundas nupcias con Gabriel Díaz.
  2. María. Casou con Rodrigo Gilán.
  3. Pedro de Barallobre e Lope “O Pío”. Debeu nacer hacia 1533 – 34. Morreu en outubro de 1614. Casou con María Ares Lope Barallobre. Filla de Francisco Ares do Amenedo e Constanza Lope, veciño do barrio de O Amenedo parroquia de Grixalba concello de Sobrado (A Coruña). Morreu en 1.639 os 106 años de edad, o que quiere dicir que naceu no ano 1.533. Tiveron por fillos a:

IV XERACIÓN

  1. Domingo. O vinculeiro. Sacerdote.
  2. Juan. Casou con Catalina Gómez.
  3. Catalina . Casou con Pedro do Viso.
  4. María. Casou con Pedro da Roca. Da casa de Salgueirón (antepasados de Taboada Roca, Conde de Borraxeiros).
  5. AlférezGregorio de Barallobre. “O Bravo” Casou en 1616 con Ignés Sánchez Lorenzo. Filla de Juan Lorenzo e María Sánchez, da Casa de Castro de Seixo, na parroquia de Codesedo. Tiña un irmán chamado Bartolomé. Tiveron por fillos a:

V XERACIÓN

  1. Pedro.
  2. Ciprian. Sacerdote.
  3. Dominga. Casou con Domingo Ares.
  4. Juana. Casou con Antonio Gallardo.
  5. María. Casou con Jácome Rulan.
  6. Gregoria. Casou con Antonio da Espiñeira.
  7. Catalina. Casou con Gregorio Ares do Penedo.
  8. Andrés Sánchez Barallobre “O Piadoso”. Debeu nacer entre 1620 – 1630. Morreu o 9 de maio de 1686. Casou con Juliana López de Buján e Caamaño. Nada en 1642. Filla de Domingo Buján e Francisca López Caamaño, veciños da parroquia de Cumbraos concello de Sobrado (A Coruña). Tiveron por fillos a:

VI XERACIÓN

  1. Diego Benito. Sacerdote.
  2. Andrés. Casou con Josefa Varela de Verea.
  3. Tomas. Sacerdote.
  4. Catalina. Casou con Alonso González Ruzo Lorenzo de Irixoa.
  5. Andrés.
  6. Pedro Sánchez de Barallobre e López Buján. Faleceu o 23 de xuño de 1726. Casou con en primeiras nupcias con Marta Pardo Montenegro. Non tiveron descendencia. Casou en segundas nupcias con Antonia Francisca de Ardeleiros y Fajardo. Morreu de parto o 22 de marzo de 1721. Filla de Antonio Varela de Ardeleiros e Mencía Fajardo de Puga, do Pazo de San Paio da parroquia de Lens concello de Ames (A Coruña). Tiveron por fillos a:

VI XERACIÓN

  1. Melchor Manuel. O vinculeiro. Sacerdote.
  2. Antonio Caetano. Sacerdote.
  3. Josefa Antonia Ventura. Casou con Pedro Francisco Salazar Pita e Alvarado. Señor da Casa Riveira e Carracedo (parroquia de Quembre concello de Carral (A Coruña)). Causantes do duque da Conquista (Pedro de Castro e Figueroa) e da II Condesa de Bugallal (Cristina Fajardo e Codesido).
  4. Thomas.
  5. Pedro Antonio Sánchez Barallobre e Fajardo. “O forte”. Bautizado o 14 de decembro de 1719. Casou con María Antonia Varela de Mella y Vázquez Rubio de la Calle. Filla de Pedro de Mella Varela e Josefa Vázquez Rubio de la Calle, donos do Pazo de Fonte Arcada (que ainda existe), sito na parroquia de Arnego concello de Vila de Cruces (Pontevedra). Tiña dous irmáns: Ignacio e Francisco, coengos - cardenais da Catedral de Santiago. Tiveron por fillos a:

VII XERACIÓN

  1. María Ignacia. Casou con Joaquín Ignacio de Ponte Andrade e Monterroso. Señor de Casa Sivil Melide (A Coruña).
  2. Ramón. Sacerdote.
  3. Josef. Casou con Ignacia Arias e Antonio.
  4. Francisco Melchor Bernardo Ramón Sánchez Barallobre e Varela de Mella. “O animoso”. Nado o 29 de xullo de 1756. Morreu o 8 de xuño de 1829. Casou en primeiras nupcias con Maria Josefa de Ponte Sivil y Monterroso. Morreu de parto o 28 de abril de 1787. Filla de Martín Ignacio de Ponte e Andrade e Bernarda Agustina Monterroso e Sibil. Donos do Pazo de Sibil (Melide); do pazo de Altamira, situado na parroquia de Cumeiro concello de Vila de Cruces (Pontevedra); Vila; Vilela, sito na parroquia de Zas de Rei concello de Melide; Orois e outros. Tiveron por fillos a VIII 1 e 2. Casou en segundas nupcias con María López. Tiveron por fillos a VIII 3, 4 e 5.

VIII XERACIÓN

  1. Bernardina. Casou con Alvaro García de Parga e Bolaño.
  2. Benito Sánchez Barallobre e de Ponte Sivil. Nado o 7 de marzo de 1778. Casou con Ventura Freire Pérez. Tiveron por fillos a IX.
  3. Nicolasa. Casou con Benito Sánchez Barallobre e Verea. De Cumbraos.
  4. Joseph. Sacerdote.
  5. Benito María. Morreu sendo estudiante.

IX XERACIÓN

  1. Benito Sánchez Freire. O vinculeiro. Deputado a Cortes. Morreu o 17 de xullo de 1876 en Santiago de Compostela. Casou en primeiras nupcias con Amalia Rodríguez Varela. Non tiveron descendencia. Casou en segundas nupcias con Elisa Varela Lauga. Morreu o 8 de novembro de 1908. Filla de José Varela de Seijas e Boado e Ramona Lauga Penela. Donos do pazo de San Xoán de Furelos (Melide). Tiveron por fillos a X 1 a 5.
  2. María Antonia Sánchez Freire. Falecida en 1912.
  3. Concepción Sánchez Freire. Casou con Francisco Freire y Barreiro. Catedrático de Anatomía e Decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago.
  4. Manuel Sánchez Freire . Estudou a carrera de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Notario. Casou con Jovina Moure González. Filla do administrador do Hospital Real de Santiago Antonio María Moure e Camba e de Rosalía González e Pérez, natural da parroquia de Xuvencos concello de Boborás (Ourense). Tiveron por fillos a X 6 e 7.
  5. José Sánchez Freire . Emigrou a Bos Aires.
  6. Francisco Sánchez Freire . Se alcumaba “Conde de Campoverde”. Morreu tuberculoso en Madrid.
  7. Timoteo Sánchez Freire. Nado en 1838 e falecido o 23 de abril de 1912. Solteiro. Médico – ciruxián. Catedrático da Facultade de Medicina de Santiago e fundador del Manicomio de Conxo.

X XERACIÓN

  1. Francisco Sánchez Varela. Avogado. Rexistrador da propiedade.
  2. María Saleta Sánchez Varela. Relixiosa da Orde de San Francisco de Sales, se chamaba sor Ana Magdalena e viviu no Convento da Visitación de Valladolid ata a súa morte o 13 de setembro de 1902.
  3. María Purísima Sánchez Varela. Casou con Ramón Pardo e Pardo. Falecido o 5 de outubro de 1962.
  4. Ricardo Sánchez Varela. Nado en 1847. Falecido o 9 de maio de 1964. Avogado. Capelán do Asilo de Anciáns Desamparados de Pontedeume. Soterrado no cemiterio de Pontedeume.
  5. José Sánchez Varela. Nado en 1875. Avogado. Ningún tivo descendencia.
  6. Concepción Sánchez Moure.
  7. Matilde Sánchez Moure. Casou con Joaquín Quiroga Vázquez. Catalán.