I XERACION

  • D. Gregorio de Vales e Andrade. Nacido en 1634 en Armental.
    Casou con Dª Violante de Fabal e Espiñeira. Natural de Vilasantar (A Coruña). Filla de Juan Fabal Espiñeira. Familiar do Santo Oficio. Tiveron por fillos a:

II XERACION

  • D. Pedro de Vales Espiñeira e Andrade
  • D. Juan de Vales Espiñeira e Andrade.
    Casou con Dª María Pérez do Casal García. Filla de Benito Pérez do Casal e de María Gracia de Bascoi. Tiveron por fillo a:

III XERACION

  • D. Simón de Vales Andrade e Pérez do Casal Espiñeira. Natural da parroquia de Présaras concello de Vilasantar. Familiar do Santo Oficio da Inquisición, da casa de Abelleira.
    Casou con Dª María Quintela e Corral. Filla de Juan de Quintela. Familiar do Santo Oficio da Inquisición. Tiveron por fillo a:

IV XERACION

  • D. Miguel de Vales Andrade e de Quintela. Natural da parroquia de Présaras.
    Casou con Dª María Antonia Sánchez Vázquez e Morado. Filla de Miguel Sánchez Vaamonde e Espantoso, escribán, veciño de A Coruña, e de Dª María de Vázquez e Morado. Tiveron por fillo a

V XERACION

  • D. Juan Miguel de Vales y Vázquez. Natural da parroquia de Présaras.
    Casou en 1743 con Eulalia de Ron e de Seijas Rodil e Tovar e Sánchez Andrade. Filla de Andrés de Ron Rodil e Mesía Tovar. Tiveron por fillos a:

VI XERACION

  • Dª Francisca Vales de Ron
  • Dª Josefa Vales de Ron
  • D Esteban Vales Morado e Ron. Naceu na parroquia de Ouces concello de Bergondo (A Coruña) en 1752. Fidalgo, Rexedor perpétuo de A Coruña.
  • Dª María Vales de Ron. Casou con D. Pedro Varela Freijomil e Valle de Pas. Tiveron por fillos a:

VII XERACION

  • Dª Manuela Varela Vales. Naceu na parroquia de Dordaño concello de Cesuras (A Coruña) en 1773.
    Casou en 1803 co seu tío D. Esteban Vales Morado de Ron. Tiveron por fillos a VIII.
  • Dª Juana Varela Vales. Casou con D. Gregorio Vázquez
  • D Ramón Varela Vales
  • Dª María Varela Vales. Casou con D Manuel Núñez Espantoso (ver liñaxe Núñez Espantoso de Outeiro).

VIII XERACION

  • D Juan Vales Varela
  • D Andrés María Vales Morado e Ron. Foi bautizado na parroquia de Santiago de A Coruña o 2 de decembro de 1803. Maestre de Ronda e Mordomo.
    Casou en Gijón o 31 de xullo de 1823 con:
    Dª Joaquina Díaz Jove. Bautizada en Gijón o 6 de setembro de 1803. Filla de José Antonio Díaz e de María del Carmen García Jove. Tiveron por fillos a:

IX XERACION

  • D Francisco Vales e Díaz
  • D Fernando Vales e Díaz. Foi bautizado na parroquia de Santiago de A Coruña o 18-6-1824. Comandante graduado de Infantería e Capitán da Plana Facultativa do Corpo de Artillería.
    Casou na parroquia castrense de San Pedro de Gijón o 9 de setembro de 1847 con: Dª Francisca Javiera Rodríguez Menéndez Valdés. Bautizada en Gijón o 2 de decembro de 1828. Filla de Francisco Javier Rodríguez e de la Rionda e de María Antonia Menéndez Valdés de Tineo, naturais de Gijón. Tiveron por fillos a:

X XERACION

  • D Joaquín Vales e Rodríguez. Bautizado na parroquia castrense de A Coruña o 15 de febreiro de 1850. Probou a súa nobleza para ingresar na Real Compañía de Guardias Marinas o 1 de xaneiro de 1863.
  • Dª Consuelo Vales e Rodríguez. Naceu en Barcelona en 1852 e faleceu en Madrid en 1931.
    Casou con D Luis Herce e Coumes Gay. Comandante de Artillería. Irmán de Aquilino Herce Coumes – Gay, deputado a Cortes, e Bruno Herce Coumes – Gay, alcalde da cidade da Coruña entre 1875 e 1879.
    Tiveron por fillo a:

XI XERACION

  • D. Fernando Herce Vales Coumes Gay e Rodríguez Menéndez de Tineo. Naceu en A Coruña en 1887. Presidente da Audiencia Provincial da sua cidade natal, cofrade da Archicofradía de Santiago Apóstol, académico profesor da Real Xurisprudencia e Lexislación, correspondente da Real Academia da Lingua Galega, e Cruz distinguida de 1ª clase da Orden de San Raimundo de Penyafort.
    Casou con Dª Natividad Aurora Valdivia Hidalgo. Nacida en Madrid en 1895, con sucesión.