I XERACIÓN
- José Benito Ozores de Romay. Casou con Rosa María Villafane de Mendoza. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- José Felix Ozores.
- Juán de la Cruz Ozores. Casou con María Josefa Romero. Filla de José de Calo e María Andrea Romero de Mendoza. Señores da casa e pazo de Rial. Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
- José Ramón Gregorio Andrés Saturnino Ozores Romero. Nado na parroquia de Sobrán concello de Vilagarcía de Arousa o 29 de novembro de 1785. Falecido en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1849. Senador. Marqués de Aranda e Guimarei. Señor de Rubiáns. Mariscal de campo. Casou con María Valderrama. Tiveron por fillos a:
IV XERACIÓN
- Joaquín Ozores Valderrama. Señor de Rubiáns. Deputado a Cortes.
- Eduardo Ozores Valderrama. Xeneral de brigada de artillería. Casou con Ramona de Prazo e Ozores. 3ª Marquesa de San Martín de Hombreiro (para a súa xenealoxía ver Marqueses de Hombreiro). Tiveron por fillos a:
V XERACIÓN
- Jaime Ozores de Prado. Falecido no ano 1922. 4º Marqués de San Martín de Hombreiro. Coronel de artillería. Casou con Camila Maquina e Illa. Tiveron por fillos a VI.
- José María Ozores de Prado. Nado na cidade de A Coruña o 14 de maio de 1877. Falecido na mesma cidade o 15 de febreiro de 1927. Avogado. Deputado a Cortes. Senador. Presidente da Deputación da Coruña.
- Carmen Ozores de Prado.
- D.ª Pilar Ozores de Prado.
- D.ª Felisa Ozores de Prado.
VI XERACIÓN
- Antonio Ozores Maquina. 5º Marqués de San Martín de Hombreiro.
- José Ozores Maquina. 6º Marqués de San Martín de Hombreiro.
Jacobo Ozores Mosquera. Nado en Santiago de Compostela o 18 de outubro de 1830 e falecido o 20 de novembro de 1901. Marqués de Aranda e Guimarei. Señor de Rubiáns.
FONTE
- www.senado.es
- VV AA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores 1810 – 2003 Parlamento de Galicia Real Academia Galega 2003