I XERACIÓN

  • Romero de Ardeleiros Casou con Dª Inés Álvarez Osorio. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Alonso Márquez Casou con Dª Maior Abelloa Romero de Figueiroa. Tiveron por filla a:

III XERACIÓN

  • Dª Inés Álvarez de Ardeleiros e Osorio Casou co bachiller Juan de Santiago, morto en 1611. Fillo de Jácome de Santiago, posiblemente o mesmo Jácome de Santiago presbítero, que en 1579 funda a capela de San Gregorio, na parroquia de Ames concello de Ames (A Coruña) establecendo patronato de legos. A súa vez este Jácome era sobriño de outro Jácome de Santiago, cura que fora de Ames, e que lle deixou en herdanza bens en Lens, e o curato de Ames. Dª Inés Álvarez de Ardeleiros e Osorio, aparece en pleitos como Dueña viuda, na Real Audiencia, polo foro do lugar de Seares, da voz de San Xusto de Toxosoutos, en Ames. Tiveron por fillos a:

IV XERACIÓN

  1. D Domingo Santiago de Ardeleiros. Bachiller, ou simplemente Santiago de Ardeleiros, señor do Pazo de Lens. Casou con Dª María Sánchez Vaamonde, descendente da casa de Vilouchada. Tiveron por fillos a V 1 a 6.
  2. D. Juan de Ardeleiros (presumiblemente). Casou con Dª María Álvarez de Luaces de San Vicente de Rial. Tiveron por fillas a VI 7 e 8.
  3. Dª. Inés Álvarez de Ardeleiros Casou con D. Pedro Fernández de Luaces, natural da parroquia de Rial concello de Val do Dubra (A Coruña).Fillo de Paio Fernández de Luaces e de Dª María de Luaces. Tiveron por fillo a VI 9.

V XERACIÓN

  1. D. Antonio Sánchez de Ardeleiros Casou en 1669 con Dª Mencia Faxardo de Puga, do Pazo de Reiboo, na parroquia de Liñaio concello de Negreira (A Coruña). Filla de D. Gregorio Faxardo de Reino, e de Dª Catalina Núñez Padrón, esta natural da vila de Noia. Tiveron por fillos a: VI 1 a 3. Parece ser que D. Antonio Sánchez de Ardeleiros xa tratara de casar antes coa nai viúva de Dª Mencia, pero ese matrimonio non se levou a cabo, pero si un contracto de dote, que despois foi a preito con D. Martín Faxardo, clérigo e irmán de Dª Mencia. (protocolo de 1685, folio 75 de Domingo Sánchez de Andrade).
  2. Dª Ana de Ardeleiros e Vaamonde Casou con D. Gregorio Faxardo de Puga, señor do pazo de Reiboo, fillo tamén de D. Gregorio Faxardo de Reino, e de Dª Catalina Núñez Padrón. Este matrimonio non tivo descendencia, pasando o pazo de Reiboo a agregarse os bens do pazo de Lens.
  3. Dª María de Ardeleiros Casou co capitán D. Máteo Breijo e Aldao, da parroquia de Ardaña concello de Carballo (A Coruña).
  4. D. Pedro de Ardeleiros y Vaamonde. Presbítero rector das parroquias de San Fins de Eirón concello de Mazaricos (A Coruña) e Campolongo concello de Negreira.
  5. D. Pelayo Sánchez de Ardeleiros y Vaamonde, presbítero rector das parroquias de Campo concello de Trazo (A Coruña) e San Cristobal de Liobade.
  6. D. Mauro de Ardeleiros y Vaamonde. Presbítero.
  7. Dª. Isabel Álvarez de Ardeleiros, natural da parroquia de Rial. Casou con Gabriel Posse, da parroquia de Agrón concello de Ames. Tiveron por fillo a VI 4.

    Gabriel Posse e a súa muller pasaron co tempo a parroquia de Portor, pero cara 1685, eran moradores no lugar de Piñor, na parroquia de Agrón, lugar que fora dotado a Dª Inés, polo que houbera preito e logo concordia con Domingo de Lens. (protocolo de 1685, folio 57 de Domingo Sánchez de Andrade).

  8. Dª. Inés Álvarez de Ardeleiros, natural da parroquia de Rial, defunta xa en 1685. Casou con Domingo de Lens, da parroquia de Portor. Tiveron por fillo a VI 5.
  9. D. Francisco de Luaces, natural da parroquia de Rial. Casou con Dª María Martinez de Moscoso de Santa María de Bárdaos, filla de Pedro Martinez, e de Dª Margarita Álvarez de Moscoso. Tiveron por fillo a VI 6.

VI XERACIÓN

  1. Dª Catalina de Ardeleiros e Faxardo, dona e señora do pazo de Lens. Casou con D. Francisco Varela e Leis. Tiveron por fillo a VII 1.
  2. Dª María Teresa de Ardeleiros e Faxardo, natural da parroquia de Lens. Casou con D. Álvaro de Casto.
  3. Dª Antonia Francisca de Ardeleiros e Faxardo, tamén da parroquia de Lens. Casou con D. Pedro Sánchez Barallobre, dono da Casa de Golmar, en Roade.
  4. D. Matías Posse de Ardeleiros, natural da parroquia de Portor, e posesor do lugar de Portor. Casou na parroquia de Corneira concello de A Baña (A Coruña) o 24 de febreiro de 1721 con Dª Francisca de Leis e Lens. Filla de Domingo Oanes de Leis, e de Andresa Fernández de Lens. Neta paterna de Juan de Leis, e de Alberta Oanes, do lugar de Ferraces, en Corneira, e neta materna de Bastián Fernández e de Leocadia de Lens, veciños de Portor. Tiveron por fillos a VII 2 a 4.
  5. D. Matías de Lens e Ardeleiros, natural da parroquia de Portor, nado o día 28 de febreiro de 1668, sendo seu padriño D. Pedro de Ardeleiros. En 1687 fai información de “mortibus et vita” para ordenarse de primeira tosura.
  6. D. Pedro Antonio Luaces e Moscoso, natural da parroquia de Rial. Nado en 1672 e Colexial de Fonseca en 1694.

VII XERACIÓN

  1. D. Antonio Varela e Ardeleiros, señor do Pazo de Lens, Rioboo, e Vilouchada. Casou con Dª Francisca de Leis e Villardefrancos, dona da Casa e Pazo de Vilacoba, na parroquia de Restande concello de Trazo. Tiveron por filla a VIII 1.
  2. D Juan Francisco de la Cruz Posse de Leis e Ardeleiros. Bautizado o día 13 de xullo de 1724. Morto de mozo.
  3. Dª Francisca Posse de Leis e Ardeleiros. Bautizada o día 2 de xunio de 1727. Casou o día 8 de agosto de 1749 con D. Juan Antonio de Ponte e Andrade e Lago, natural da parroquia de Logrosa concello de Negreira, escríbano real de S. M., e administrador xeneral das rentas do Conde de Altamira, na xurisdicción do mesmo nome. Era fillo de D. Alberto de Ponte, escríbano real de S. M., e de Dª María de Lago, natural da parroquia de Boullón concello de Brion. Tiveron por fillos a VIII 2 a 12.
  4. D Francisco Antonio Posse de Leis e Ardeleiros. Bautizado o día 29 de agosto de 1731. Morto de mozo.

VIII XERACIÓN

  1. Dª María del Carmen Varela de Leis, dona das casas de Lens, Rioboo, Vilouchada, e Vilacoba. Casou con D. José Leis e Santiyán señor dos coutos de Edreiras e de Mira, e a casas de Soesto e Boallo.
  2. D. Antonio de Ponte e Andrade e Posse de Ardeleiros. Bautizado na parroquia de Portor o día 22 de xunio de 1750. En 1784, á morte de seu pai era oficial de pluma, e aspirante a escríbano.
  3. D. Frai Manuel Antonio Andrés de Ponte e Andrade. Bautizado na parroquia de Portor o día 5 de febreiro de 1752, sendo súa madriña, Dª Manuela Varela de Ardeleiros, do pazo de Lens, relixioso franciscano no convento de San Francisco da cidade de Santiago; en onde foi mestre de estudiantes.
  4. D. Frai Francisco Antonio Romano de Ponte e Andrade. Bautizado na parroquia de Portor en 18 de novembro de 1753, relixioso agustino en San Felipe el Real, de “la Villa y Corte de Madrid” .
  5. D. Juan Antonio de Ponte e Andrade. Bautizado o 27 de decembro de 1755, sendo súa madriña Dª Mª Varela y Leis, de Lens.
  6. D. Andrés Francisco Marcelino de Ponte e Andrade. Bautizado o 3 de xunio de 1758. Morreu o día 13 de novembro de 1783, estando “Graduado de Bachiller en Sagrada Theologia de la Insigne y Real Universidad de Salamanca” .
  7. Dª. Mª Ysabel Rosa Francisca de Ponte y Andrade Posse de Leis. Nada e bautizada o día 29 de agosto de 1760. Casou o día 19 de maio de 1782 con D. Antonio Pablo Martinez Martelo e Barreiro, veciño da parroquia de Ortoño concello de Ames, fillo de Blas Martinez e de Dª Isabel Elena Martelo e Barreiro, tamén veciños de Ortoño.
  8. D. Joseph Ygnacio de Ponte e Andrade. Bautizado o día 22 de xunio de 1762. Morreu o día 2 de outubro de 1786, sendo estudiante cursante na “Real Universidad de Santiago” .
  9. Dª. Thomasa Francisca de Ponte y Andrade. Bautizada o día 23 de outubro de 1764.
  10. D. Agustin Francisco de Ponte e Andrade. Bautizado o 19 de xaneiro de 1767.
  11. D. Manuel Rodrigo Vitorio de Ponte e Andrade. Bautizado en 13 de maio de 1768.
  12. D. Vicente Antonio Thomas de Ponte e Andrade. Bautizado o día 20 de xulio de 1771.

FONTES

  • Libros Sacramentais de Santa Maria de Portor, San Cristobal de Corneira, San Xoán de Ortoño, A.H.D.S.
  • Pleitos de Mosteiros. A.R.G.
  • Expedientes de Sagradas Ordes A.H.D.S.
  • Protocolos Notariais de Negreira. A.H.U.S.
  • Torres, pazos y linajes de la provincia de la Coruña. Carlos Martinez-Barbeito.
  • Linajes Galicianos. Pablo Perez Constanti.