I XERACIÓN

  • D Antonio Sánchez Boado e Couso. Veciño da parroquia de Filgueira de Barranca concello de Cesuras (A Coruña). Testou o 22 de febreiro de 1684 ante o escribán Francisco López do Porto.
    Casou o 6 de febreiro de 1668 na parroquia de Trasanquelos concello de Cesuras con:
    Dª María de Albin, veciña desta parroquia. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

  1. D Silvestre Martín Sánchez Boado e Couso.
  2. D Josef Sánchez Boado e Couso.
  3. D Gregorio Martín Sánchez Boado e Couso. Naceu o 10 de maio de 1672 na parroquia de Filgueira de Barranca. Testou o 9 de setembro de 1714 ante Francisco López de Porto escribán
    Casou en primeiras nupcias con Ines de Seoane. Eran veciños da parroquia de Cabrui concello de Mesía (A Coruña).
    Casou en segundas nupcias na parroquia de Cabrui o 12 de novembro de 1698 con: Dª Dominga María Rodríguez Cernadas e Ulloa. Bautizada o 14 de xuño de 1677 na parroquia de Borrifáns concello de Cesuras (Para a súa xenealoxía ver a linaxe da parte inferior). Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  1. Rosa Sánchez Cernadas.
  2. Domingo Sánchez Cernadas.
  3. Bernardo Domingo Antonio Cernadas. Bautizado o 25 de agosto de 1707 na parroquia de Cabrui. Testou o o 19 de xullo de 1769 ante Bartolomé Fandiño escribán de número da cidade de Santiago de Compostela.
    Casou o 10 de agosto de 1738 na igrexa de San Fructuoso da cidade de Santiago de Compostela con:
    Francisca Xaviera Andrade Bermúdez de Castro (para a súa xenealoxía ver Vázquez Bermúdez Boimorto - A Coruña). Tiveron por fillo a IV.
  4. Ramón Cernadas.

IV XERACIÓN

  1. Licenciado Pedro Antonio Manuel José Cernadas e Andrade de Arraña Bermúdez de Castro. Nado na cidade de Santiago de Compostela, no domicilio paterno da rúa do Franco, o 24 de outubro de 1743. Foi bautizado na parroquia de San Fructuoso o día 24. En 1769 era avogado da Real Audiencia da Coruña. Oidor e alcalde maior decano da Real Audiencia de Cuzco. Cabaleiro da Orde de Carlos III por decreto do 10 de novembro de 1793. Posuidor do pazo e mairazgo do Sol sito na parroquia de San Xián de Sales concello de Vedra (A Coruña).
    Casou con Juana Ribero.
  2. Juan Cernadas Bermúdez de Castro. En 1769 estaba solteiro e se atopaba servindo no Real Corpo de Gardas de Corps.
  3. Joaquina Cernadas Bermúdez de Castro. Solteira en 1769.
  4. Josefa Cernadas Bermúdez de Castro. Solteira en 1769.
  5. Pascual Cernadas Bermúdez de Castro. Solteiro en 1769.

I XERACIÓN

  • D Pedro Domingo Arraña Cernadas. Testou o 2 de xullo de 1681 ante o escribán Francisco López do Porto.
    Casou o 24 de decembro de 1649 na parroquia de Colantres concello de Coirós (A Coruña) con:
    Dª Catalina Rodríguez de Ulloa. Veciños da parroquia de Borrifáns. Tiveron por filla a:

II XERACIÓN

  1. D Jose Rodríguez Cernadas e Ulloa.
  2. Dª Dominga María Rodríguez Cernadas e Ulloa.

FONTE

  • Espediente da orde Carlos III de Pedro Antonio Cernadas e Andrade de Arraña Bermúdez de Castro