NOTAS XERAIS
A familia Lamigueiro é natural e orixinaria do antigo coto de Malados, (actual A Barqueira), en San Martiño de Cerdido. Documentalmente podémos atopar os seus membros, asinando foros da orde de San Xoan de Portomarín dende 1541. A partir do estudo dístes foros, reunidos no chamado "Memorial de foros de Regoa e Teixido", e gardado no Arquivo do Reino de Galicia, podemos segui-la evolución social e económica da familia ata o século XVIII. Non podemos entende-la estructura familiar dos Lamigueiro, sin relaciona-la con o resto de familias asentadas, nos lugares e eredades do seu entorno. Os Piñón, da Torre, Teixeiro, Fraguela, Villadóniga, Senra, Santalla, Bouza etc, son algunos dos seus parentes e veciños, cos que compartirán además do sangue a transmisión das "voces" dos foros da Orde de San Xoan, en rexime de "mancomunidade" e pro-indiviso.
A través do memorial, coñecemo-lo nome dos casais e lugares que levaron aforados ata finais do século XVIII: A eredade de Luaces, dividida nos lugares de Freinle e Piñeiro, compartindo o foro asinado por Alonso de Lamigueiro con Gonzalo de Piñón, (o seu consogro), en 1541. Os lugares de Santalla e Abelleira, anexos os chamados "Montes de Lamigueiro".
A base patrimonial da familia asentábase nísta eredade, identificada tamén ata mediados do século XVII coa chamada "fraga dos Lamigueiros", sen dubida de onde tomarán o seu apelido. É difícil cuantificar a extensión da mesma, maís sen marxe de erro podemos aventurar que ocupaba o territorio asentado entre o chamado Monte dos Castros, e os regos chamados: dos Castros e Río Vello de Aneiros. Ata 1721 eran anexos o Lugar de Lamigueiro, os lugares veciños de Soosloureiros e Montillón, sendo o seu morador Manuel de Lamigueiro. Na actualidade o antiga eredade, divídese nos lugares de: Lamigueiro Vello, (casal posiblemente edificado ou remodelado no século XVIII, e deshabitado dende fai 15 anos, íste é o que queda do Lugar de Lamigueiro primixenio); e Lamigueiro Novo, caserío con un pequeno nucleo de vivendas, próximo e lindante con Lugar de Piñón, e que a partir do século XVII, aparece na documentación chamado como "as casas do Lamigueiro". Con todo, son 500 anos de ocupación no interrumpida dende Alonso de Lamigueiros ata dona Isabel Lamigueiro, actual propietaria do Lugar.
As primeiras ramificacións aparecerán cedo, a partir do casamento dos segundóns da familia con membros das familias veciñas, indo cara os concellos veciños de Ortigueira, Cedeira, Somozas, Moeche, As Pontes etc. Cegado o século XIX có pulo da construcción naval no arsenal, chegarán a Ferrol. Dende ístas datas tamén podemos constata-la sua presencia en lugares tan afastados como A Habana, onde Francisco Lamigueiro López chegará a ser un membro destacado, que xunto a García Barbón participará na fundación da Sociedad de Beneficencia de Naturais de Galiza o 31 de dicembro de 1871. Esta foi a primeira sociedade de emigrantes galegos de todo o mundo. Outros dos distinguidos amigos de Francisco Lamigueiro que participaron daquela histórica institución benéfica foron: Policarpo Sanz, Francisco Loriga, e Juan Álvarez Baldanedo.
Datos Xenealóxicos
I XERACIÓN
- Alonso I de Lamigueiros. Levador da mitade do lugar de Luaces en 1541. A outra mitade levabaa Gonzalo do Piñón o seu consogro. Tivo por fillos a:
II XERACIÓN
- Gómez de Lamigueiro. Nado aproximadamente no ano 1530 / 40 no coto de Malados situado na parroquia de A Barqueira concello de Cerdido (A Coruña). Vinculeiro do Lugar do Lamigueiro. Levaba ademáis en rexime de aforo a tercia parte do Lugar de Santalla e o Abelleira, patrimonio da Orde de San Xoan de Xerusalen, Encomenda de Portomarín.
Casou cunha señora descoñecida da familia Piñón. Filla de Gonzalo do Piñón e irmá de Alonso de Piñón (morto en 1573) e Juan de Piñón da Viladesuso, veciño da parroquia de Abade concello de Moeche (A Coruña). Nota: As dúas tercias partes do lugar de Santalla os levaba en arrendo María Ortíz de la Torre, que segundo parece pola documentación, estaba emparentada con Gómez, sendo cecais a súa irmá. Tiveron por fillos a III. - Joan I de Lamigueiros. Aparece en documentos da familia Piñón como testemuña en 1574.
III XERACIÓN
- Alonso II de Lamigueiro. Erdou o lugar do Lamigueiro e compartía pro-indiviso o sub-arrendo (ó seu curmán Miguel do Piñón), do lugar de Santalla e Abelleira con a súa irmá; pagando todos eles de cada un ano un ducado o Comendador de Portomarín. Ademais compartía mancomunadamente cos seus curmáns, Pedro e Alonso de Piñón, a mitade do casal de Luaces. Deveu de morrer cara a 1614, data na que renova a "voz" dos casais o seu fillo Joan II de Lamigueiros. Tivo por fillos a IV 1 a 3.
- Maria de Lamigueiro, chamada tamén María de Piñón. Casou con Gabriel de Gontille. Nado aproxidamente en 1566 e morto xa no 1626. Ela compartíu as dereituras có seu irmán e tivo por filla única a IV 4.
IV XERACIÓN
- Joan II de Lamigueiros "O Vello". Nado aproximadamente en 1590. Erdeiro do Lugar de Lamigueiro. Vivo no ano de 1626, nó que pleitea polos dereitos do foro do Lugar de Santalla e Abelleira, contra Alonso de Judracos. Aparece como dixemos na renovación na voz do casal de Luaces en 1614. Nota: No ano 1671, nun documento de cesión en vida do patrimonio que lle corresponde ó presbiteiro Domingo de Piñón, pola erdanza da súa nai Catalina da Torre, seu pai Pedro de Piñón fai constar que: "le hacia dexación y entrega de una leira de labradío sita en el lugar de donde vive Juan de Lamigueiro, vecino de este coto, debaxo de la casa de dicho lugar". Debeu morrer antes de 1688, xa que o seu fillo e erdeiro Manuel de Lamigueiro, dará conta en 1718 de que erdara a dereitura o souto de castañas da Mouta en Mera, facía 30 anos dende a morte de Juan de Lamigueiro "El viejo". Casou cunha muller de nome descoñecido filla de Estevo de Piñón, Xuiz do coto de Malados e morto antes de 1634, e María Fernández. Tiveron por fillos a V.
- Alonso III de Lamigueiro. Descoñezo a súa descendencia.
- Filla descoñecida casada con Pedro do Pazo.
- Maria de Lamigueiro. Nacida aproximadamente en 1590. Erdeira xunto os seus curmáns Juan e Alonso do foro sobor dos lugares de Santalla e Abelleira. Casou con Jácobe Pérez de Saavedra (escrito Sabedra), quen pleitea en nome da familia polas dereituras dos lugares en 1626, documento do cal foron recollidas ístas informacións. Ambos eran moradores no lugar de Sete en Cerdido.
V XERACIÓN
- Manuel de Lamigueiro. Morreu no ano 1718. Foi o erdeiro Lugar de Lamigueiro. Tiña en propiedade tamén os lugares chamados de Soosloureiros e Montillón en Cerdido, e posuía os dereitos de explotación dos froitos do souto chamado da Mouta, en Santiago de Mera, "como o tiveran os seus ascendentes dende inmemorial" (sic). En 1718 ístes dereitos (tan importantes nunha economía de montaña), serán requeridos xudicialmente ós seus sobriños polo seu curmán o presbiteiro Andrés Ignacio. Casou con Isabel de Arroxe (Arrojo) e Valcarcel, tamén chamada nalgúns documentos Isabel Pérez de Valcarcel. Tiveron por fillos a VI 1 a 9.
- Pedro I de Lamigueiro "O Novo". Casou con Ignacia da Pena y Valdés. Natural da parroquia do Ermo concello de Ortigueira (A Coruña). Tiveron por fillos a VI 10 a 12.
VI XERACIÓN
- Antonio de Lamigueiro Arroje y Valcarcel. Faleceu na infancia.
- Antonio de Lamigueiro Arroje y Valcarcel. Casou con Ventura Gallego y Teixeiro. Con sucesión.
- Juan de Lamigueiro Arroje y Valcarcel. Casou con María Teixeiro, sobriña da anterior. Sen sucesión.
- Marcos de Lamigueiro Arroje y Valcarcel. Con sucesión.
- Joseph de Lamigueiro Arroje y Valcarcel. Con sucesión.
- Isabel Pérez de Valcarcel.
- Mariana Pérez de Valcarcel. Casou con Jacob do Muiño.
- Josefa de Valcarcel. Casou con Juán de Piñón veciño do coto de Malados. c/s
- Descoñecida Pérez de Valcarcel. Casou con Luis da Riba do Lugar dos Abruñeiros en san Xiao de Lamas.
- Don Juan Antonio Lamigueiro y Valdés. Nacido no Ermo o 4 de febreiro de 1670. Falecido o 12 de agosto de 1756. Licenciado e Presbiteiro. Cura con tíduo de Abade da parroquia de San Román de Montoxo concello de Cedeira (A Coruña).
- Don Andrés Ignacio Lamigueiro. Nacido no Ermo o 30 de xulio de 1683. Foi tamén sacerdote e coadxutor do seu irmán Juan Antonio na parroquia de San Román de Montoxo.
- Francisco de Lamigueiro. Casou con Ana María de Lago. Tiveron por fillos a:
VII XERACIÓN
- Don Andrés Ignacio Lamigueiro y Valdés. Naceu na parroquia de Montoxo o 9 de abril de 1708. Foron os seus padriños de o licenciado don Juan Antonio Lamigueiro y Valdés e Ignacia da Pena e Valdés a súa avoa paterna. Presbiteiro, II dá familia de igual nome.
- Don Santiago Francisco Lamigueiro Piñón y Valdés. Presbiteiro e Comisario do Santo Oficio. Capelán da capelanía fundada polo seu tío Manuel de Piñón, (posiblemente irmán da súa nai), baixo a advocación de Nosa Señora da Concepción no Ermo. Foi o sucesor no curato do seu tío o licenciado Juan Antonio, en San Román de Montoxo, onde aparece asinando autos sacramentais no 1757.