Etimoloxía:

Probablemente de figueira, tendo a sua orixe na lenda relacionada co tributo das cen doncelas, supostamente ceibadas por uns fidalgos armados de ponlas de figueira, que tomarían por apelido.
"Falemos de la casa de Figueroa. Digo yo que no baja de seteçientos y cinquenta años; porque en la era de setecientos ochenta alçose por rey de León Mauregato, y por quitar el reyno a su sobrino Don Alonso el Casto fuese a los moros, prometiéndoles cien donçellas cada un año de parias en Galiçia, en León y en Asturias. Y echando a las suertes a queles havían de dar sus hijas, cayó la sorte sobre un hijodalgo de FRigueroa, y aseñaláronle el día que la llevase y que fuese muy ataviada. Ansí lo hiço y muy secretamente ymbió a llamar a todos sus parientes y amigos que le ayudasen contra los moros. Y así lo hicieron. Y al tiempo que llegaron los moros erguéronse las çeladas y cortáronles las cabeças. Y ganaron por armas las follas de las figueiras con su cordón amarillo. Y de allí en adelante siempre tuvieron apellido."

Vasco da Ponte "Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia"

Lugares:

A lenda da liberación das doncelas está vinculada a dous lugares (Figueroa e Peito Bordel) do Concello de Abegondo, na comarca de As Mariñas da provincia da Coruña. Nos dous tiveron asento casas dos Figueroa. En San Miguel de Figueroa atópase a Torre de Figueroa, propiedade ainda hoxe dos marqueses de Figueroa. En Peito Bordel, na parroquia de Santa María de Sarandóns, estaba situado o pazo do mesmo nome, hoxe en ruinas.

Distribución:

Hoxendía, comprobando nas páxinas blancas de Telefónica, a meirande parte dos Figueroa (primeiro apelido) viven na provincia da Pontevedra.
  • A Coruña: 209 (Coa grafía Figueiroa: 5)
  • Pontevedra: 414 (2 coa grafía Figueiroa)
  • Lugo: 40 (1 Figueiroa)
  • Ourense: 7

Heráldica:

De ouro, cinco follas de figueira, postas en sotuer, de sinople.

Familias:

A liñaxe que se presenta é a dos actuais marqueses de Figueroa, seguindo fundamentalmente os datos que aparecen no excelente libro "Heráldica de Abegondo" de Xosé Antón García González-Ledo, e na obra de Vasco da Ponte. Manteño a grafía dos nomes que aparecen nas obras citadas.

O Marquesado de Figueroa foi concedido polo Rei Carlos II, o 6 de maio de 1675, a Baltasar Pardo de Figueroa e Lupidana, cabaleiro de Santiago, xeneral da Armada, Gobernador e Capitán Xeneral de Tucumán.

Baltasar Pardo de Figueroa era fillo de Ares Pardo de Figueroa , qeu reparara a Torre de Figueroa no 1621, segun se ve na inscripción ainda hoxe existente na dita torre, e de María de Lupidana e Guevara.

Ares Pardo de Figueroa, penso que é fillo de Ares Pardo de Cela e de Isabel Pardo e Figueroa . Esta última herdaría a casa de Lois de Villamarín Pardo e Figueroa , fillo de Fernán Reymondez de Figueroa , rexidor de Betanzos e propietario da casa de Figueroa no 1548, e Aldonza de Villamarín.

Fernán Raymondez de Figueroa era fillo de Jácome Reymondez de Figueroa , que herdara a casa de Juan García Barba de Figueroa, fillo de Pedro González Barba .

O real despacho do título de marqués de Figueroa foi extendido en 1679 ó fillo de Baltasar Pardo de Figueroa e Lupidana, Baltasar Pardo de Figueroa e Soutomaior , cabaleiro de Santiago, I marqués de Figueroa e II da Atalaia, por falescimento sen sucesión do seu irmán Xosé, I marqués da Atalaia.

O primeiro marqués de Figueroa casou coa súa curmá Xoana María Pardo de Figueroa e de Prada, señora de Figueroa e de Cela, tendo por fillo a Xoán Xosé Pardo de Figueroa , II marqués de Figueroa e III da Atalaia.

Do matrimonio de segundo marqués con Ana Gregoria Duque de Estrada, foi fillo Baltasar Manuel Pardo de Figueroa e Duque da Estrada , III marqués de Figueroa e IV da Atalaia.

Éste casou con Ana Xacoba de Valladares e Mariño de Lobeira, IV vizcondesa de Fefiñanes, tendo por fillos a Ramona Baltasara e Francisco Xavier Pardo de Figueroa e Valladares , IV marqués de Figueroa, V da Atalaia e V vizconde de Fefiñanes.

O cuarto marqués de Figueroa casou con María Xosefa Sarmiento Soutomaior e Correa, coa que tivo a Baltasar Pardo de Figueroa , V marqués de Figueroa, VI da Atalaia, X Conde de Maceda e VI vizconde de Fefiñanes, ilustre militar galego, heroi da batalla de Rioseco (14-VII-1808), na que caeu.

Por non ter sucesión, herdou todos os seus títulos a súa irmá Ramona Escolástica, VI marquesa de Figueroa, VII da Atalaia,..., casada con Xoán Xosé Caamaño e Pardo, cabaleiro da Orde de Malta e figura destacada da guerra da independencia en Galicia.

Filla de ambos foi Xoana Caamaño e Pardo de Figueroa , casada co Conde de Bornos, do que non tivo descendenza. Por esta razón pasaron todos os títulos ó seu curmán Francisco Xavier de Lousada e Pardo de Figueroa (fillo de Xosé Gabriel de Lousada e de Ramona Baltasara Pardo de Figueroa), que sería o VII marqués de Figueroa.

Casou éste con María Xoaquina Miranda e Gaioso, marquesa de Santa María do Villar e condesa de San Román, da que tivo a Xosé, María do Carmo, Baltasar, María dos Doores, Ramona e Francisca Xaviera de Lousada e Miranda. Falesceu solteiro en 1857 o primoxénito, Xosé de Lousada e Miranda , que tiña herdado todos os títulos dos seus pais , e foi por tanto VIII marqués de Figueroa; pasando ó seu irmán Baltasar que sería o IX marqués de Figueroa.

Baltasar de Lousada e Miranda reparteu os títulos entre os seus irmáns e fillos, agraciando a María das Doores co vizcondado de Fefiñanes, a Ramona co marquesado de Figueroa e a Francisca Xaviera co da Atalaia. Marías das Doores e Francisca Xaviera morreron sen sucesión, herdando os títulos Baltasar Lousada , XII conde de Maceda, XII vizconde de Fefiñanes, e Xoaquina Lousada, marquesa de Santa María do Villar e da Atalaia, ambos fillos do IX marqués de Figueroa e da súa muller María Torres e Barrenechea.

Ramona Lousada e Miranda , X marquesa de Figueroa, casou con Xoán de Armada e Valdés, fillo dos marqueses de Santa Cruz de Rivadulla. Foron fillos, dos décimos marqueses de Figueroa, o ilustre poeta e político galego Xoán Armada e Lousada , XI marqués de Figueroa que finou sen sucesión en 1932, e Xoaquina Armada e Lousada, casada con Miguel Gil de Araujo e Casares, descendente dos señores da Casa do Barro en Ribarteme (Pontevedra).

Ó falescer o XI marqués, a súa irmá cedeu os dereitos ó seu primoxénito, Xoán Gil e Armada , XII marqués de Figueroa, casado con María do Pilar Gonzáles de Careaga e Fontecha.

Á morte déste, sucedeulle o seu fillo primoxénito e XIII marqués de Figueroa, Xoán Gil e González de Careaga .