Pablo de Valladares. Coengo de Santiago de Compostela, en 1713.
Alonso de Valladares. Tivo por fillos a:
III XERACIÓN
Bernardo de Valladares. Coengo de Santiago, en 1729.
Juan Antonio de Valladares. Coengo de Santiago, en 1749.
IV XERACIÓN
Bernardo Antonio Valladares.
Casou con. Finada en 1839. Tiveron por fillo a:
V XERACIÓN
José Dionisio Valladares Gómez. Nado na parroquia de Graba concello de Silleda o 23 de xuño de 1787. Falecido o 23 de marzo de 1864. Xefe político da provincia de Ourense e intendente de Pontevedra e Lugo. Durante a Guerra da Independencia formou parte do Batallón Literario. Obtivo nove condecoracións pola súa participación nesta guerra. Avogado. Deputado a Cortes.
Casou e na capela de don Pedro de María Cisneros, Conde de Ximondi, en outubro de 1817 con: María de la Concepción Núñez Morciego. Nada en Medina del Campo (Valladolid) o 21 de marzo de 1786. Filla de José Núñez, avogado de Compostela e Vilancosta (parroquia de Berres concello de A Estrada) e de Teresa Morciego y Población, nada en Medina de Rioseco (Valladolid).[Concepción tivo dúas irmás, Gabriela e Manuela Núñez Morciego].
Tiveron por fillos a:
VI XERACIÓN
Petra Valladares Núñez. Finada ao pouco de nacer.
Jacoba Valladares Núñez. Nada en decembro de 1819.
Casou en 1837 con Antonio María Blanco, presidente da Municipalidade de Vedra. Tiveron tres fillos.
Marcial Valladares Núñez. Nado no lugar de Vilancosta parroquia de Berres concello de A Estrada o 10 de xuño de 1921. Finado no mesmo lugar na medianoite do 19 para o 20 de maio de 1903. Xornalista, escritor, e un dos precursores do rexurdimento da literatura galega. Autor dun dos primeiros vocabularios da lingua galega (con 11.000 termos), así como da novela Maxina, ou a filla espúrea. Solteiro.
Engracia Valladares Núñez. Nada en setembro de 1822. Finada de nena.
Sergio Valladares Núñez. Nado o 15 de setembro de 1823. Falecido en 1855. Escritor. Ocupou diversos cargos administrativos na Deputación Provincial de Pontevedra.
Casou cunha sobriña do Conde de Pallares.
Avelina Valladares Núñez. Nada no lugar de Vilancosta en outubro de 1825. Finada en 1902. Poetisa. Solteira.
Luisa Valladares Núñez. Nada en decembro de 1827. Casou en 1860 con Bernardo Espinosa. Tiveron por fillo a VII.
Prima Valladares Núñez. Nada en setembro de 1830. Xemelga de Segunda. Finada de nena.
Segunda Valladares Núñez. Nada en setembro de 1830. Xemelga de Prima. Noviza no convento da Ensinanza na cidade de Santiago de Compostela.
Isabel Valladares Núñez. Nada en novembro de 1831. Casou con Ángel Velón Taboada.
VII XERACIÓN
Laurentino Espinosa Valladares. Herdeiro do seu tío Marcial Valladares.
FONTES
FERNÁNDEZ SALGADO, Xosé A. (2005): Marcial Valladares. Biografía dun precursor no Rexurdimento galego. Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Pontevedra