I XERACIÓN
- Jualian Viojo.
Casou con Ignacia Camiño. Veciños da parroquia de Bastavales (San Xulián) no concello de Brión. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- Vicente Viojo
Casou o 9 de xuño de 1765 con Vicenta Vidal. Filla de Miguel Vidal e Dominga Martinez, do barrio de As Punxeiras Altas na parroquia de Ortoño do concello de Ames (A Coruña).
Eran veciños de Punxeiras Altas e tiveron por filla a:
III XERACIÓN
- Manuela Viojo
Casou o 31 de maio de 1791 con Miguel Martinez. Fillo de Alonso Martinez e Manuela Orta. Do barrio de Lapido na parroquia de Ortoño.
Vivían no barrio de Castro da parroquia de Ortoño. Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
- José Martínez Viojo. Nado no lugar de Castro da parroquia de Ortoño o 7 de febreiro de 1798 e falecido na parroquia de Iria Flavia do concello de Padrón o 13 de decembro de 1871. Sacerdote.
Tivo unha filla natural con María Tareixa da Cruz de Castro e Abadía. Nada na Casa Grande do lugar de Arretén na parroquia de Iria Flavia, o 24 de novembro de 1804 e falecida na freguesia de Santa María Salomé, pertencente a cidade de Santiago de Compostela o 24 de xuño de 1862.
Tiveron por filla a:
V XERACIÓN
- María Rosalía Rita de Castro. Naceu nunha casa do Camiño Novo no barrio das Barreiras, freguesia de Santa Susana, da cidade de Santiago de Compostela o 23 ou 24 de febreiro de 1837. Bautizada o 24 de febreiro no Hospital Real de Santiago. Faleceu no lugar de Matanza, da parroquia de Iria Flavia, as 12 horas do 15 de xullo de 1885. Soterrárona no cemiterio de Adina da devandita parroquia. O 25 de maio de 1891 o seu corpo foi exhumado e soterrado na capela da Visitación (Panteón de Galegos Ilustres) da igrexa de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela).
Casou o 10 de outubro de 1858 na parroquia de San Ildefonso da cidade de Madrid con: Juan Manuel Martínez Murguía, Manuel Murguia. Nado no lugar de O Froxel da parroquia de Oseiro no concello de Arteixo (A Coruña) o 17 de maio de 1833. Falecido na cidade de A Coruña o 2 de febreiro de 1923.
Tiveron por fillos a:
VI XERACIÓN
- Alexandra Tareixa Martínez-Murguía de Castro. Nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1859. Falecida o 23 de marzo de 1937.
Casou con Joaquín Arias Sanjurjo. Natural de Santiago de Compostela. Non tiveron descendencia. - Aura Martínez-Murguía de Castro. Nada en Santiago de Compostela o 7 de decembro de 1868.
Casou aos 38 anos con Francisco Prats. Numástico e director do Diario de Albacete. Tiveron dous fillos xemelgos que morreron o pouco de nacer. - Gala Branca Eleonora Martínez-Murguía de Castro . Nada en Lestrove o 2 de agosto de 1871. Falecida en 1964 na cidade de A Coruña na casa paterna da rúa San Agustín. Con ela se estinguiu a súa familia.
Casou aos 51 anos con Manuel Izquierdo. Non tiveron descendencia. - Ovidio Martínez-Murguía de Castro . Nada en Lestrove o 2 de agosto de 1871. Falecido aos 28 anos. Pintor da xeración doente.
Tiña unha noiva madrileña Visitación Olivia. Sospeitase que puideron ter un fillo. - Amara Honorata do Carme Martínez-Murguía de Castro . Nada na cidade de A Coruña o 17 de agosto de 1873. Falecida en decembro de 1921. Solteira. Non tivo descendencia.
- Adriano Honorato Alexandre Martínez-Murguía de Castro . Nada o 20 de marzo de 1875. Faleceu o 4 de novembro de 1876 o cair dunha mesa.
- Valentina Martínez-Murguía de Castro. Nada morta o 14 de maio de 1877.
FONTE:
- Escolma do dia das letras galegas. De X.L.F. e X.C.R.P. 2000
- http://www.galespa.com.ar/rosalia_fillos.htm