I XERACIÓN
- Rodrigo Freire “O Vello”. Casou con Inés Fernández. Veciños da casa de Recemil sita na parroquia de Xustás concello de Cospeito (Lugo). Tiveron por fillos a:
II XERACIÓN
- María Freire de Andrade. Casou con Diego Martínez.
- Rodrigo Freire de Andrade. Natural da parroquia de Xustás.
Casou con María Alonso. Natural da parroquia de Loentia concello de Castro de Rei (Lugo). Filla de Domingo Rodríguez. Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
- Juan Freire de Andrade. Natural da casa de Recemil sita na parroquia de Xustas. Familia do Santo Oficio da Inquisición.
Mantivo relacións con Andrea de Cortinela Feijoo, coa que non chegou a casar. Natural da cidade de Santiago de Compostela. Filla de Alonso Rodríguez Cortinela, familiar e notario do Santo Oficio da Inquisición, e María Faro, naturais da cidade de Santiago de Compostela. Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
- Juan Freire de Andrade. Natural da casa de Recemil sita na parroquia de Xustas.
Casou en primeiras nupcias con Mariana de Baamonde e Montenegro (para a súa xenealoxía ver Sanjurjo Montenegro Abadín – Lugo) . Tiveron por fillo a IV.1.
Casou en segundas nupcias con Vitoria de Rubiños e Montenegro (para a súa xenealoxía ver García Rubiños Cospeito – Lugo). Tiveron por fillos a IV.2 e 3.
V XERACIÓN
- Pedro Freire de Andrade. Bautizado na parroquia de Xustás o 5 de maio de 1668. Colexial de Fonseca (1688).
- Manuel José Francisco Antonio Freire de Andrade e Rubiños. Nado o 1 de xuño de 1682 na parroquia de Xustás concello de Cospeito (Lugo), foi bautizado o día 4. Colexial de Fonseca (1701).
- D. Juan Antonio Freire de Andrade. Natural da parroquia de Begonte concello de Begonte (Lugo).
Casou en primeiras nupcias con Dª María de Aguiar. Casou en segundas nupcias en Lugo o 8 de marzo de 1719 con Dª Bernarda Montenegro. Natural de San Xián do Pino. Filla de D. Rodrigo Montenegro e Dª Luisa Montenegro "Señores de Cal de Loba". Tiveron por fillo a:
VI XERACIÓN
- D. Pedro Vicente Freire de Andrade e Montenegro. "Señor de Sobrado de Aguiar". Bautizado na parroquia de Xustás concello de Cospeito o 1 de maio de 1724.
Casou na parroquia de Liñares concello de Santiso (A Coruña) o 30 de novembro de 1745 (velados o 23 de novembro de 1746) con Dª Bernarda Saavedra e Lemos. Bautizada na parroquia de Liñares o 18 de decembro de 1720 (para a súa xenealoxía ver Saavedra de Miraz). Tiveron por fillo a:
VII XERACIÓN
- Dª Antonia Vicenta Francisca Manuela Pastora Freire e Saavedra. Bautizado na parroquia de Xustás o 14 de xullo de 1759.
Casou na parroquia de Ponte Sampaio concello de Pontevedra o 25 de outubro de 1769 co Licenciado D. Francisco Antonio Blanco Cicerón. Bautizado en Marín o 21 de decembro de 1740. Fillo de Lorenzo Blanco Cicerón e María de las Mercedes Blanco Encalada. Asesor de guerra da provincia de Tui, do Consello de S.M. e xuíz, procurador e oidor da Real Audiencia de Galicia. Tiveron por fillo a:
VIII XERACIÓN
- Tomas Freire Blanco Saavedra. Natural de Tui. Cabaleiro da Orde de Carlos III na que ingresou o 15 de setembro de 1807.
Fonte:
- Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela
- Expediente Nro. 1.361 de 1807 para ingresar na RDOE de Carlos III de D. Tomás Blanco Cicerón e Freire de Andrade (de aquí está sacado V.3, VI e VII)
- http://www.ccpo.odu.edu/~jlblanco/historiaBlanco.htm
Nota de José Luis Fernández-Blanco autor de V.3, VI e VII: Desde ya, agradezco infinitamente cualquier información sobre la ascendencia de los indicados bajo el párrafo nro. I (D. Juan Freire de Andrade y Dª Victoria Rubiños Montenegro).