I XERACIÓN

  • D Andres Pardo. Dono da casa solar de Agüeiras na parroquia de Castromaior concello de Abadín (Lugo) onde naceu.
    Casou con María Vázquez Vaamonde. Natural da parroquia de Castromaior. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • D Pedro Pardo Vázquez Ribadeneira. Nado na parroquia de Castromaior o 2 de marzo de 1633. Faleceu o 14 de outubro de 1696 sendo sepultado na igrexa de Castromaior “junto al arco de la Capilla maior en su sepultura que esta dotada”.
    Casou na parroquia de Carballido concello de Villalba (Lugo) o 30 de novembro de 1661 con Eufemia López Sanjurjo. Natural da parroquia de Carballido. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • D Rosendo Pardo Ribadeneira e Aguiar. Nado na parroquia de Castromaior o 8 de marzo de 1667. Aparece como fidalgo na lista de nobres da provincia de Mondoñedo de 1701.
    Casou na cidade de Mondoñedo o 17 de febreiro de 1685 con Dª Angela Fernández de Grandadal. Filla de Antonio López Reigosa e Josefa Fernández de Grandadal. Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • D Pedro Alejandro Pardo López de Reigosa
    Casou con Dª Francisca de Reigosa. Tiveron por fillo a:

V XERACIÓN

  • D Lorenzo Pardo de Reigosa. Nado na parroquia de San Lourenzo de Moraña concello de Moraña (Pontevedra) o 10 de xuño de 1731.
    Casou en San Sebastian de Guipuzcoa o 30 de novembro de 1752 con Dª María Eulalia de Arnaud. Tiveron por fillo a:

VI XERACIÓN

  • D José Fermín Pardo de Arnaud. Natural da cidade de San Sebastian. Ocupaba un cargo do Goberno Español na cidade de Caracas (Venezuela) onde morreu nunha sublevación.
    Casou na cidade de San Sebastián con Josefa Dominica Chaler. Tiveron por fillo a:

VII XERACIÓN

  • D Ramón Pardo e Chaler. Natural da cidade de San Sebastián. Secretario da raiña Isabel II. Director xeral de Rentas. Se distinguiu na guerra da Independencia como cadete sendo ferido no sitio de Santoña.
    Casou con Dª Mercedes de Inchausti e Gherardi. Natural de Bilbao. Tiveron por fillo a:

VIII XERACIÓN

  • D Arturo Pardo e de Inchausti. Nado en Madrid o 21 de xullo de 1840. Falecido en Madrid o 17 de marzo de 1907. Capitán do rexemento de húsares da Princesa na guerra de África. Maestrante de Zaragoza. Gran cruz de Carlos III. Senador vitalicio. Deputado a Cortes. Xentilhome de cámara da Súa Maxestade.
    Casou o 12 de xaneiro de 1867 con Dª Maria Isabel Manuel de Villena e Álvarez de las Asturias Bohorquez. Filla de José Casimiro Manuel de Villena e Bambalere, natural de Cheles (Badajoz), e María Josefa Álvarez de las Asturias Bohórquez, natural de Madrid. Condesa de Via-Manuel. Marquesa de Rafal. Marquesa da Puebla de Rocamora. Condesa de la Granja. Dama de honra da raíña. Tiveron por fillos a:

IX XERACIÓN

  1. Isabel Pardo e Manuel de Villena
  2. . Nada en 1868. Falecida en 1976. II Marquesa da Puebla de Rocamora.
    Casou en Madrid en 1897 con Alonso Barroeta e Márquez.
  3. Josefa Pardo e Manuel de Villena. Nada en Madrid o 13 de febreiro de 1869. II Condesa de La Granja.
    Casou en Madrid o 30 de xuño de 1897 con Juan Manuel de Agrela e Herreros de Tejada. Tiveron descendencia.
  4. D Arturo Pardo e Manuel de Villena. Nado en Madrid, no nº 27 cuarto principal da rúa Desengaño, o 27 de marzo de 1870. Foi bautizado na igrexa de San Martín recibindo os nomes de Arturo María Ramón Enrique Ruperto Juan Climaco. Falecido en Panticosa (Huesca) o 16 de agosto de 1907. I Duque de Arévalo del Rey. VI Barón de Monte Villena. Grande de España. Maestrante de Zaragoza. Gran Cruz do Mérito Militar. Licenciado en Dereito. Senador do Reino por Madrid. Xentilhome de Cámara da Súa Maxestade.
    Casou en Madrid o 30 de xuño de 1893 con María de la Consolación Jiménez e Arezana. Tiveron descendencia.
  5. María del Milagro Pardo e Manuel de Villena. Nado en 1873. Falecido en Madrid o 1 de xuño de 1982.
    Casou con Enrique Arroyo Manuel de Villena. Filla de Ramón María del Arroyo e Moret e María de la Esperanza Manuel de Villena e Alvarez. Tiveron descendencia.
  6. D Alfonso Pardo Manuel de Villena. Nado en Madrid o 18 de setembro de 1876. Licenciado en Dereito.
    XIV Marqués de Rafal. Grande de España de Primeira Clase. Senador do Reino. Xentilhome de Cámara da Súa Maxestade. Académico correspondente da Real Academia de Historia. Vocal conselleiro da Deputación da Grandeza. Cabaleiro do Hábito de San Xoán de Malta. Gran Cruz de San Miguel de Baviera.
    Autor de “El Marques de Rafal y el levantamiento de Orihuela en la guerra de Sucesión (1706)” (1910) / “Un Mecenas Español del siglo XVII. El Conde de Lemos. Noticias de su vida y de sus relaciones con Cervantes, Lope de Vega, los Argensola y demas literatos de su época” (1912).
    Casou en Madrid o 10 de xulo de 1899 con Ignacia de Egaña e Aranzabe . Filla de Casimiro de Egaña e Oquendo e Concepción de Aranzabe e Alpizar Tiveron descendencia.
  7. Maria Esperanza Pardo e Manuel de Villena. Nada en 1878.
    Casou con Alfonso Maldonado e Sartorius. Tiveron descendencia.

FONTE

  • Artigo de Eduardo Lence-Santar e Gutián cronista oficial de Mondoñedo publicado no xornal “El Compostelano” o 25 de xullo de 1936
  • www.senado.es
  • http://www.manueldevillena.org