A casa dos Mariño tiña a súa orixe na fortaleza e torre de Outes na xurisdición da Serra da que fora señor D Fernando Pablo Mariño marqués da Serra. En 1784 era o seu propietario entre outros de D. Ramón Patiño Mariño marqués da Serra e Castelar. Tiña un escudo sobre a porta de entrada o patio coas armas dos Mariño “compuesta de ondas azules en campo de plata”.

I XERACIÓN

  • D Sebastián Mariño. Casou con Dª Catalina García. Veciños da parroquia de Briallos concello de Portas (Pontevedra).Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • D Blas Mariño. Bautizado na parroquia de Briallos o 2 de marzo de 1624.
    Casou na parroquia de Arcos da Condesa concello de Caldas de Reis (Pontevedra) o 2 de novembro de 1642 con:
    Dª Catalina Erossa. Bautizada na parroquia de Arcos da Condesa o 18 de agosto de 1617. Filla de D. Domingo de Erosa. Tiveron por filla a:

III XERACIÓN

  • Dª María Luisa Mariño. Bautizada na parroquia de Arcos da Condesa o 23 de decembro de 1647.
    Casou con D Pedro de la Barrera (para a súa xenealoxía ver a linaxe Barrera (Páramo / Teo / Calda de Reis).

IV XERACIÓN

  1. D Gaspar de la Barrera Mariño.
  2. D Fernando de la Barrera Mariño. Bautizado na parroquia de Arcos da Condesa o 14 de setembro de 1692. Testou na vila de Mugardos o 16 de febreiro de 1768 ante Nicolas Vieites de Verea.
    Casou con Dª María Antonia Anastasia de Covas. Natural da parroquia de San Cristobo das Viñas concello de A Coruña. Soterrada o 13 de xaneiro de 1731 na igrexa de Santa Baia de Lubre sita na vila de Ares. Tiveron por fillo a:

V XERACIÓN

  1. D Gregorio Mariño de la Barrera.
  2. Doutor D Juan Mariño de la Barrera y Cobas Mariño y Pardo. Nado na vila de Ares (A Coruña) o 5 de novembro de 1737. Colexial maior de Fonseca. Do Consello da Súa Maxestade, Alcalde da súa real casa e corte. O 2 de abril de 1784 o rei lle deu unha cruz de cabaleiro pensionada da orde de Carlos III.

FONTE

  • Espediente da orde Carlos III de Juan Mariño de la Barrera y Cobas Mariño y Pardo