D Jacome Cicerón. Natural de Madrid de onde viu a servir como capitán de cabalería no exército do Reino de Galicia o mando do marqués de Peñalba. Tivo por fillo a:
II XERACIÓN
D Fernando Cicerón. Natural da vila de Madrid. Falecido na vila de Marín o 26 de setembro de 1705, foi sepultado na capela maior da igrexa de San Xián. Testou verbalmente. Teniente capitán de cabalería.
Casou o 7 de novembro de 1666 na igrexa de San Xián da vila de Marín con:
Dª María Cabral Ozores. Natural da vila de Pontevedra. Veciños de San Xián de Marín. Tiveron por fillos a:
III XERACIÓN
D Bernardo Matías Cicerón. Abade da Abelenda de Avión.
Dª Juana María Cicerón.
D Antonio Benito Cicerón. Bautizado na igrexa de San Xián da vila de Marín o 3 de febreiro de 1671. Falecio na vila de Marín o 27 de abril 1759 de repente, foi soterrado na capela maior da igrexa de San Xián de Marín. Tenente de infantería do exército da súa maxestade.
Casou o 20 de decembro de 1709 na freguesía de Avión (Ourense) nunha casa particular con:
Dª Josefa Centeno Almonacid. Sepultada o 9 de xaneiro de 1783 na capela maior da igrexa de Santa María do Porto. Testou o 24 de decembro de 1759 ante Felix Benito Pereira escribán e veciño de Soutomaior. (para a súa xenealoxía ver Centeno Puebla de Sanabria León). Tiveron por fillos a:
IV XERACIÓN
D Francisco Cicerón Centeno.
D Tomás Cicerón Centeno. Rexedor perpetuo da cidade de Tui. Donou xunto o seu sobriño Francisco Blanco Cicerón unha lámpada de prata e outras alfaias a igrexa de San Xián de Marín.
Dª Rosa Isabel Cicerón Centeno. Bautizado na igrexa de San Xián da vila de Marín o 15 de marzo de 1713. onde faleceu. Foi soterrada na capela maior da igrexa de San Xián de Marín nunha das tres sepulturas privilexiadas do mosteiro de Oseira.
FONTE
Espediente da orde Carlos III de Tomas Freire Blanco Saavedra