O Pazo da Torre de Miraflores está situado na parroquia de San Xenxo de Padriñán no concello de Sanxenxo moi preto da vila do mesmo nome. Segundo os expertos é un edificio do S.XVII adosado a unha torre do mesmo século. Aínda que hoxe o topónimo de Miraflores aparece no nomenclátor de Galicia como un lugar da parroquia, no Catastro da Ensenada consta a súa situación como no lugar de Reis.

Foi pazo de veraneo da familia da escritora Emilia Pardo Bazán.

Simón Díaz de Saavedra casou con Margarida Suárez e foron veciños do porto de Sanxenxo. Segundo consta nos foros de Armenteira poseían propiedades ás que lle engadiron outras por foro do citado mosteiro.

Ano de 1574

Simón Díaz de Saavedra para si y su mujer Margarida Suárez y para mas dos voces aforó la heredad de Nanín y la vega de Casaas que dice son anejas al lugar de Reis por pension de cuatro celemines digo ferrados de pan mediado.

Foro a Simón Díaz de Saavedra del monasterio de Armenteira

Ano de 1575

Simón Díaz de Saavedra para sí y dos voces aforo la heredad y agro de Casaas circundada sobre sí en San jenxo por pension de cuatro ferrados de pan mediado…

Na demarcación do aforado sinala como límites entre outros unha propiedade que xa era de Simón Díaz.

No apeo de 1590 feito ante Minguez en declaración do propio Simón Díaz

para mas averiguación de los bienes de Casas de Reis que finco de Juan de Lores defunto (…) que es verdad que el que declara tiene y posee en el dicho lugar de Casas de Reis que finco del dicho Juan de Lores (…) una leira de heredad que se dice de Nanín y otra de Veiga de Casas…

Noutra declaración do mesmo apeo declara Simón Díaz tiene y posee la heredad de Casas que fico del bachiller Chaves…

Fundaron vínculo e maiorazgo sobre os seus bens agregándoos á capela da Purificación que eles mesmos fundaran na igrexa parroquial da vila de Sanxenxo1. Penso que é este vínculo a orixe da Casa Torre de Miraflores.

Faleceu Simón Díaz antes do ano 1606, pero posiblemente non moito antes, xa que no seu testamento, Juan de Batallán, veciño de Portonovo, cando fai a relación de acreedores menciona a Simón Díaz de Saavedra, xa falecido, como deudo de 15 ducados2 que se lle teñen que reclamar aos seus herdeiros.

Fernando Arias de Saavedra c.c. Francisca Domínguez3 tiveron por fillos a:

  • Antonio Díaz de Saavedra, veciño da cidade da Coruña4 , e, notario? da Santa Cruzada, falecido entre os anos 1648 e 1654, ano en que se reparte a súa herdanza. Signatura de Antonio Díaz de Saavedra
  • Esteban Suárez de Saavedra
  • Margarita Suárez de Saavedra

Margarita Suárez de Saavedra c.c. Juan Pardo de Cela, fillo de Ares Pardo e Dª Inés Alonso de Quiroga e Lugo; neto por liña paterna de Gabriel Rodríguez e Constanza Pardo bisneto de Ruy de Coirós de S. Xiao de Coirós. Serán veciños de S. Xiao de Coirós. Terán por fillos a:

  • Juan Pardo de Cela e Saavedra que segue a liña do pazo de Coirós. Signatura de Juan Pardo de Cela e Saavedra
  • Diego Pardo de Saavedra Rector5
  • Margarita Suárez de Saavedra, residente en Padriñán polo menos dende o ano 16546, que segue a liña de Sanxenxo.

Margarita Suárez xa falecera no ano 16467 e Juan Pardo faleceu entre os anos 1654 e 1657.

Dª Margarita Suárez de Saavedra naceu posiblemente en S. Xiao de Coirós aproximadamente no ano 1630. No ano 1657 outorga un poder ante o escribán Bartolomé Ramos ao seu irmán, o licenciado Diego Suárez de Saavedra e ao licenciado Juan ¿? Suárez para que a representen na partixa de bens dos seus pais dos que quedaron e ficaron moitos bens así mobles e raíces, cartos, axuares, casas, herdades, lugares… nas freguesías de Coirós e outras circundantes en terra de Betanzos.

Signatura de Domingo Posse de FaxínCasa en Padriñán entre os anos de 1657 e 1660 con Domingo Posse de Faxín, fillo de Catalina Posse de Faxín e Gregorio Vázquez, neto por liña paterna de Jácome de Faxín e Cecilia Posse veciños que foron de S. Martiño de Fontecada, xurisdicción do alfoz de Muros

Foron tamén fillos de Jácome e Cecilia o rector de S. Xenxo de Padriñán Juan Posse de Faxín e Juana de Faxín.

Exerceu Domingo Posse como escribán de número da xurisdicción da Lanzada8 e herdou do seu tío, Juan Posse de Faxín o vínculo asociado á capela fundada por el a advocación de S. Xosé na igrexa da vila de Sanxenxo9. Signatura de Juan Posse de Faxín

No ano 1666, ante o escribán Juan Pérez de Torres, o seu irmán o licenciado D. Diego Pardo de Saavedra, crego e rector da igrexa parroquial de S. Xiao de Coirós e Sta. María Leza cédelle os bens que posúen os Saavedra na xurisdicción da Lanzada.

por canto o licenciado Esteban Suárez de Saavedra o seu tío, irmán de Margarita Suárez de Saavedra a súa nai polo testamento con que morreu deixárao herdeiro universal sucesor despois da morte de Antonio Díaz de Saavedra o seu irmán en todos os seus bens e herdanza agregándoos á capela que fundou Simón Díaz de Saavedra o seu bisavó (…) e por canto ao presente áchase crego beneficiado e con renta suficiente para os seus alimentos, atendendo a que dona Margarita Suárez de Saavedra, a súa irmá, estaba casada e velada con Domingo Posse de Faxín para os seus alimentos facíalle cesión, traspasación en forma de todos e calquera ben, dereitos e accións e lexítima que lle toca e pode tocar por razón da cláusula de dito o seu tío Esteban Suárez de Saavedra en toda a jurisdicción da Lanzada (…) a que posúa ela e os seus herdeiros lexítimos para todo tempo de sempre.

A cambio, dona Margarita renuncia a todos os bens que lle pudiesen pertencer por herdanza dos seus pais e o seu tío Antonio Díaz de Saavedra.

Debeu ter problemas coa herdanza dona Margarita xa que no Libro de rentas de Armenteira consta que

fíxose foro a Pedro de Lamelas veciño de S. Xenxo de Padriñán por vida de 3 reis de España (…) por renta de (…) a que dita renta débenna pagar D. Carlos Sarmiento e D. Domingo Posse o seu sogro como posuidores dos bens de dito foro porque aínda que se fixo ao dito Pedro de Lamelas foi porque dita facenda llela quería sacar aos ditos D. Carlos e Domingo Posse un de Betanzos dicindo lle tocaba por maiorazgo.

(ano 1697)

Tiveron como filla única e herdeira de todos os seus bens dona Margarita e Domingo Posse a Andrea Posse de Faxín e Saavedra.

Dª Andrea Posse de Faxín e Saavedra c.c. Carlos Sarmiento Valladares Arauxo e Reinaldo, natural do lugar e Casa das Barreiras, freguesía de S. Lourenzo da vila de Salvaterra do Miño. Dª Andrea é documentalmente a primeira que teño recollida que se di dona da Casa da Torre de Miraflores.

Tiveron por fillos Dª Andrea e D. Carlos a:

  • D. Jacobo ou Jácome Sarmiento de Valladares, que segue a liña.
  • D. Carlos Benito Sarmiento de Valladares, solteiro.
  • D. Bernardino Antonio Sarmiento de Valladares, cabaleiro gardamarina da Real Armada de España, falecido en Cádiz antes de 1729.
  • Frei Juan Bernardo Sarmiento de Valladares, religioso dominico.
  • Dª Mª Margarita Sarmiento de Valladares, relixiosa no convento de Sta. Clara da vila de Pontevedra.
  • Dª Francisca Teresa Sarmiento de Valladares, relixiosa no convento de dominicas da vila de Baiona, no que chegou a ser priora.
  • Dª Josepha Brígida Sarmiento de Valladares, relixiosa no convento de dominicas da vila de Baiona, falecida antes de 1729.

Resulta moi interesante o testamento de D. Carlos, escrito ante Benito Antonio de Oreiro o 12 de xullo de 172910. Nel manda ser sepultado

na parroquial igrexa da vila de Sanxenxo, nunha das sepulturas da Capela de Nosa Señora da Purificación;

Refírese igualmente aos seus ancestros e á invasión portuguesa de Salvaterra

item declaro que os meus bisavós D. Domingo Pinelo Taboada e Dª Catalina Sarmiento a súa muller tiñan unha capela adicada ao Glorioso S. Domingos de Guzmán no convento de S. Francisco de Salvaterra con certas misas hipotecadas na casa onde vivían e porque o portugués invadindo aquela vila demoleu o convento, capela e casa da hipoteca, e, só posúo o terreo dela, mando que todos os días do Glorioso S. Domingos, 4 de agosto se me diga unha misa rezada ao glorioso santo pola limosna de dous reais na Capela de Nosa Señora da Purificación inclusa na parroquial igrexa referida da vila de Sanxenxo, onde mandei colocar a súa imaxe polo respeto susodito.

Deixa igualmente fundada unha misa semanaria

no oratorio ou capela da Casa onde habitaran os meus sucesores o una parte que quixesen á súa elección, á que hipoteco os lugares de Fontoira, Codesada e Forxán, os que adquirín por foro do Real Mosteiro de S. Martín de Santiago e con esa carga vólvoos a vincular ao maiorazgo que fundou o licenciado D. Juan Posse de Faxín…

No testamento é donde recollo por vez primeira o topónimo de Miraflores

item declaro que estiven casado con Dª Andrea María Posse de Saavedra e Pardo, dona que foi desta Cassa da Torre de Miraflores, freguesía de S. Xinés de Padriñán, os seus vínculos e maiorazgos…

Posuía D. Carlos maiorazgo na vila de salvaterra e freguesía de Sta. Mª de Rozamonde.

Foi sepultado D. Carlos Sarmiento o 7 de setembro de 1729 nunha sepultura da Capela da Purificación.

D. Jácome Sarmiento de Valladares e Saavedra casou con Dª Mariana Rosa de Lira e Soutomaior, da Casa de Lira, filla de D. Bartolomé de Lira e Soutomaior e Dª María Pereira de Castro, natural de Vigo. Signatura de D. Jácome Sarmiento de Valladares e Saavedra

Dise señor do coto e xurisdicción de Liñares no Obispado de Tui11 .

No ano 1748, D. Jacobo e a súa dona outorgan un poder ante Andrés Miguel Correa para reclamar a herdanza de D. Alonso de Lira Soutomaior irmán de Dª Mariana veciño da cidade de Vigo abintestatoe sen descendencia lexítima

de quen quedaron moitos bens así mobles como raíces e en especial no lugar do Couto sito nos arrabales de dito Vigo que se compón de casas viñedo e labradío, no que e máis bens se apoderou D. Antonio de Lira, tamén o seu irmán sen atender ser os outorgantes tan herdeiros como el…

Tiveron por fillas D. Jácome e Dª Mariana a:

  • Dª María Ana Josepha Antonia Sarmiento Valladares Lira nacida aproximadamente no ano 1722. Casou Dª Mariana con D. Joseph Tejada Colmenero no ano 1741, recibindo en dote do seu pai os bens de maiorazgo da vila de Salvaterra e freguesía de Sta. Mª de Rozamonde. Debeu falecer D. Joseph pouco despois xa que, no ano 1744 xa é viúva. No ano 1747 nun poder outorgado polo seu pai D. Jacobo consta Dª Mariana como viúva de D. Juan Francisco García Robledo, falecido na Casa de Miraflores entre agosto e outubro dese ano. Casou en terceiras nupcias Dª Mariana con D. Joseph Taboada e Lemos. Faleceu Dª Mariana sen descendencia antes que os seus pais.
  • Dª Paula Vicente Rosa Ana Sarmiento Valladares Lira, falecida prematuramente12 .

No Catastro da Ensenada (1752-54) consta D. Jácome como fidalgo; entre as súas propiedades sinálanse a casa na que vive no lugar de Reis co seu curral e dúas cabaleirizas…rodeada de cento cincuenta ferrados… e outra na rúa da Igrexa, frente oito varas, fondo catorce; dereita dita rúa, esquerda D. Joseph Moraña.

Outorgou testamento D. Jácome Sarmiento de Valladares ante Francisco Antonio Pérez de Ocampo en 16 de abril de 1764. Nel manda ser

sepultado dentro da parroquia de s. Xinés de Padriñán sita na vila de Sanxenxo e nunha das sepulturas que teño na Capela de Nosa Señora da Purificación…;

deixa á súa muller Dª Mariana herdeira dos seus bens mobles e raíces, libres de maiorazgo que posúe na xurisdicción da Lanzada incluso o oficio de número que me pertence, e, á morte dela pasen a D. Ramón de Lira sobriño de Dª Mariana coa condición de que tome estado de matrimonio á vontade e disposición de mis cumplidores”, en caso contrario da poder a D. Joseph Taboada, o seu xenro, para que os entregue á persoa que lle teño manifestado e el coñece; deixa ao seu xenro os bens libres que posúe en Salvaterra, Sta. Mª de Rozamonde, S. Xoán de Arandes? e outras sitos nos obispados de Tui e Ourense todos os bens raíces, mobles e alfaias que teño nas Casas e situacións da dita vila e referidas freguesías.

Foi sepultado o 19 de novembro de 1766.

A súa dona Dª Mariana foi sepultada o 14 de decembro de 1767.

No ano 1774, nun protocolo ante Francisco Antonio Pérez Ocampo, D. Joseph declara que D. Ramón de Lira non cumple coa petición de D. Jácome, engadindo que a persoa que o seu sogro lle comunicara como herdeiro era D. Vicente Phelipe Lemos, avogado da Real Audiencia, veciño da Coruña e residente na Casa das Barreiras en Salvaterra, sobriño de D. Joseph Antonio.

Tras anos de pleitos, sepáranse os bens libres de D. Jácome dos vínculos que posuía, así, ante o escribán Domingo Antonio de Padín no 1781 asinan un convenio D. Antonio Pardo e D. Vicente de Lemos quedando os bens libres para este último13 .

O vínculo dos Saavedra, xunto coa Casa Torre de Miraflores a D. Antonio Pardo Patiño e Montejano, fillo de Dª Ángela Pardo de Cela Ponte e Andrade (n. 1719-Coirós) e D.Pedro Pardo Patiño e Montejano que se intitulaba señor de Belote, Ciobre, Rañal, Meirás, S. Fiz e S. Pedro de Nos14; neto por liña materna de D. Pedro Pardo de Cela e Dª Ángela Ponte Andrade e Figueroa, bisneto de D. Juan Pardo de Cela e Saavedra (irmán de Dª Margarita de Saavedra) e Dª Andrea Pardo de Pita da Veiga e Prado.

O vínculo fundado por D. Juan Posse de Faxín pasa á morte das irmás relixiosas de D. Jácome como últimas da liñaxe dos Sarmiento, á súa parenta máis próxima pola liñaxe dos Posse Dª Juana Mª de Oreiro e Posse15, filla de Benito Antonio de Oreiro e Luisa Antonia Gómez, neta por liña paterna de Josepha Ramos Posse de Faxín e Christobal de Oreiro, bisneta pola mesma de Dominga Posse de Faxín e Bartholome Ramos de Leiro, terceira neta de Juana de Faxín, irmá do fundador e Pedro da Cruz16.

Nun protocolo ante Vilavedra e Conde, D. Josef Antonio Pérez y Oreiro fillo de Dª Juana xa se di sucesor no vínculo fundado por D. Juan Posse de Faxín17. Signatura de D. Josef Antonio Pérez y Oreiro

Signatura de Antonio Pardo Patiño e SaavedraD. Antonio Pardo Patiño e Montejano casou con Dª Mª Benita Bazán Ojea de Mendoza, filla de D. Pedro Juan Bazán e Dª Mª Ignacia de Castro, da Casa de Bazán en Cambados. Constan en protocolos desde 1798 Dª Benita e D. Antonio como residentes en Padriñán, torre de Miraflores18.

D. Miguel Pardo Patiño e Bazán , sobriño de D. Antonio, fillo de D.Juan José Pardo Patiño e Montejano (irmán de D. Antonio Pardo) e Dª Mª Luisa Bazán Ojea de Mendoza (irmá de Dª Benita Bazán) será o seguinte sucesor na Casa da Torre de Miraflores. Dise capitán de infantería do rexemento perpetuo de Betanzos, dono da Casa e Torre de Moeche?, Pirrán? Nos, Meirás, Callón, Torre de Miraflores e outras.

D. Miguel Pardo Patiño foi o avó paterno da escritora Emilia Pardo Bazán.

Notas

  1. AHP. Pedro Vázquez López escribán. 1593. Simón Díaz de Saavedra veciño do porto de Sanxenxo require copia do foro do lugar e casal de Padriñán. [volver]
  2. AHP. 29/4/1606 Gonzalo García de Lores, escribán. [volver]
  3. AHP Gabriel Nogueira de Padín (1644) Polo reparto da herdanza de Francisca Domínguez sabemos que estivo casada de 1º matrimonio con Fernando Arias de Saavedra e de segundas con Juan de Moraña, tendo deste último por fillos a Juan de Moraña escribán e a Antonia García de Moraña muller de Alonso Gómez de Sexarei e Prado escribán de Sobrán e veciña de S. Salvador de Sobradelo. [volver]
  4. Por varios protocolos de 1648 ante o escribán Gabriel Nogueira de Padín sábese que era veciño da cidade da Coruña e poseía certos bens en Portonovo herdanza da súa nai. AHP [volver]
  5. AHP . Entre os protocolos do escribán Gabriel Nogueira e Padín atopamos algunha vez un licenciado Diego Suárez de Saavedra, "rector de S. Estevo de Mouras? nas marismas de Betanzos”. (1634) Posiblemente sexa o mesmo. [volver]
  6. AHP Bartolomé Ramos. Poder que deu Margarita Suarez para pleitos ( pola herdanza de Antonio de Saavedra o seu tío notario que foi da Sta. Cruzada) “Juan Pardo de Cela veciño da freguesía de San Giao de Coirós xurisdicción da vila de Betanzos e dona Margarita Suarez de Saavedra a súa filla lexítima que finco de Margarida Suarez de Saavedra a súa muller difunta residente na freguesía de San Xenxo de Padriñán…” [volver]
  7. AHP Gabriel de Nogueira y Padín. Antonio de Saavedra veciño da cidade da Coruña como fillo de Francisca Domínguez “per habelle tocado en partija con otros más bienes que al presente posee con la parte que dellos toca a Juan Pardo de Cela su cuñado como padre legítimo de sus hijos y de Margarida Suárez su mujer difunta y hermana que fue del dicho Antonio de Saavedra”. [volver]
  8. AHP. Noble de Agne escribán. Renuncia do oficio de escribán de Juan Bodelo “oficio de escribanía de número, unha das dúas deste xulgado da Lanzada que é renunciable e de proveer da dignidade arzobispal de Santiago…” a favor de Domingo Posse de Faxín veciño da freguesía de San Xenxo de Padriñán. (24/10/1677). [volver]
  9. Escritura de dotación de dúas capelanías legas que fixo o licenciado Faxín a advocación de S. Xosé:

    “Na vila de Sanxenxo, jurisdicción da Lanzada a catro días de xuño de mil seiscentos setenta e dous (…) o licenciado Juan Posse de Faxín rector e beneficiado da dita vila e freguesía de S. Xinés de Padriñán (…) que fixera e fundara no corpo de dita igrexa de dito o seu beneficio con intervención e beneplácito dos seus veciños e parroquiáns de novo unha capela de bóveda e pedra de sillería á parte do levante do sol advocación e honra do glorioso señor S. Xosé dando e pagando en contado á fábrica de dita igrexa mil seiscentos reais de vellón por razón de dito consentimento; con deliberación e presuposto de dotar a dita capela de bens e rentas para a súa sustentación e conservación (…) para dotar a dita capela de dous capeláns (…)que cada un dos dous capeláns ten que decir dous misas rezadas o luns de cada semana de todos os meses a unha pola súa intención e a favor das persoas e ánimas que por título de calidad ou de xustiza teña obriga; e a outra o venres a honra da pasión do Noso Señor Jesucristo; e amáis delas han de decir cada un ano unha misa cantada e outra rezada un do ditos dous capeláns o día de S. Xosé e as véperas cantadas o día anteiro e outra misa cantada e outra rezada o día da Concepción da Nosa Señora; e outra asímesmo cantada e outra rezada o día da circuncisión do Noso Señor Jesucristo que é o primeiro día da cada ano e outra misa cantada coa su vigilia e responso sobre a súa sepultura o día de cada ano en que Deus o levare (…)”

    Continúa o protocolo notarial coa relación de bens que adxudica a cada unha das dúas capelanías.

    No testamento do licenciado redactado a 26 de novembro? De 1679 confirma a fundación e edificación de dita capela:

    (…) eu o licenciado Juan Posse de Faxín clérigo e rector que fn da vila e freguesía de s. Xinés de Padriñán e veciño dela, e capelán que servo a primeira capelanía de dúas que fundei na dita parroquial e capela que fixen e edifiquei a devoción de S. Xosé (…) Item mando (…) sepultado o meu corpo dentro da miña capela que teño fundada e dotada e de que son patrón dentro da dita parroquial de S. Xinés advocación do Sr. S. Xosé e nunca sepultura a carón do evanxelio (…) deixo outras sepulturas na dita miña capela para que nela sexan soterrados descendentes da miña liña e non outros (…)

    Nomea no testamento aos primeiros capeláns por él nomeados, os seus sobriños Domingo Posse de Faxín e Juan Vidal da Cruz, recalcando que os capeláns que sucedan nas capelanías sexan parientes e descendentes dos seus pais Jacome de Faxín e Cecilia Posse.

    No testamento tamén aclara que fixo á súa costa a ermida advocación do Señor San Ildefonso sita na Panadeira desta dita vila de Sanxenxo.

    O fundador deixou como primeiro patrono da capela ao seu sobriño o escribán Domingo Posse de Faxín ata a fin da súa vida, e, despois á súa filla Dª Andrea Posse de Faxín e Saavedra.

    [volver]
  10. AHP [volver]
  11. AHP Andrés Correa. 23/7/1744 D. Jacome Sarmiento de Valladares veciño desta freguesía e señor do coto de Liñares obispado de Tui… [volver]
  12. Sabemos da súa existencia por unhas xoias que lle lega no seu testamento o seu avó D. Carlos. [volver]
  13. AHP. 5/12/1781 …entre os dous hai algún anos seguindo ruidoso pleito sobre os maiorazgos e bens libres que foron e ficaron de D. Jácome Sarmiento en que en virtude de testamento por este outorgado e execución feita por D. Joseph Taboada y Lemos pretendía e pretende dereito o expuesto D. Vicente e o precitado D. Antonio Pardo ao maiorazgo e vínculo feito por D. Simón Díaz de Saavedra, D. Esteban Suárez de Saavedra e D. Antonio de Saavedra e a todos os bens da fincabilidade dos Saavedra… [volver]
  14. Torres, pazos y linajes… [volver]
  15. AHP J. Balthasar de Vilavedra. Poder de Dª Juana Mª de Oreiro y Posse a procuradores para que se lle reintegren todos os bens e rentas que comprende a fundación outorgada por D. Juan Posse de Faxín. (24/9/1777) [volver]
  16. Liña sucesoria do vínculo Posse de Faxín: [volver]
  17. Vilavedra y Conde, escribán. 1780 D. Joseph Pérez e Oreiro por morte da súa nai o ano anterior é herdeiro do vínculo e maiorazgo fundado por Juan Posse, pero aínda que se hacha posuidor dalgúns bens réstallle facelo de todo por haberse intruso neles D. Antonio Pardo… Solicita D. Joseph a súa devolución así como os desperfectos neles ocasionados. [volver]
  18. AHP Luis Antonio Domínguez. Na casa da torre de Miraflores parroquia de S. Ginés de Padriñán a quince días do mes de xullo de mil oitocentos dez ante min escribán e testigos pareceu presente Dª María Benita Bazán y Mendoza veciña da cidade da Coruña e dixo que polo seu home D. Antonio Pardo Patiño y Montejano da mesma vecindade dono desta casa e outras… [volver]