D. Álvaro López de Montenegro
Casou con Dª. Teresa Sánchez de Reino.. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
D. Tristán de Montenegro. Rexidor de Pontevedra.
Casou con Dª. María Sarmiento de Sotomayor, filla dos señores de Sobroso e Salvaterra. Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
Lope de Montenegro. Alcalde maior de Pontevedra.
Casou con Dª. Constanza López de Cordido, filla de D. Pedro Cao de Cordido. Foron señores da casa e couto de Trabanca. Tiveron por fillos a:
IV XERACIÓN
D. Lope de Montenegro, señoreou a casa, torre e couto de Trabanca, malia a que certos descendentes de Dª. Teresa a súa irmán tamén se titulaban señores de Tranca e mesmo de Albeos.
Casou con Dª. Ana de Sotomayor y Enriquez de Monroy, da Casa de Soutomaior, filla dos II Condes de Caminha, D. Álvaro e Dª. Ana (Inés). Tiveron por fillo a V.
Dª. Teresa Sánchez de Montenegro.
Casou con D. Pedro Cruu, señor da Casa de Cruu, tendo abundante sucesión e continuando outras liñas.
V XERACIÓN
D. Fernando de Montenegro y Sotomayor ''Oidor de S.M., del Consejo de Italia'', segundo di o testamento do seu sogro, e señor do couto e torre de Trabanca, a merindade de Fragas e a vila de Albeos.
Casou con Dª. Mayor de Mendoza Sotomayor y Caamaño, filla de D. Álvaro, señor dos coutos de Vista Alegre e Barrantes e da súa muller Dª. Mayor Ozores de Zúñiga, filla ésta dos señores da Casa de Teáns. Era, polo tanto, irmá de D. Rodrigo, señor de Vilagarcía, e dos Coutos de Vista Alegre e Barrantes, que foi pai de, entroutros, D. Mauro, Iº Marqués de Vilagarcía, e Vizconde de Barrantes, e de D. Lope, de quen descenden os actuáis sucesores neses títulos.
Tiveron por fillos a:
VI XERACIÓN
D. Felipe, sucesor.
Casou coa súa prima Dª. Mayor de Zúniga Mendoza y Caamaño, con sucesión, ó parecer extinta.
D.Alonso
Casou con Dª. Inés de Guzmán, pais de D. Fernando, que sucedeu na casa de Trabanca e os seus bens, señoríos e morgados, sen sucesión.
Dª. Ana, a maior das fillas.
Casou con D. Payo Mariño de Lobera, señor da Casa da Serra. Tiveron por fillos a VII.
Dª. Constanza
Casou con D. Pedro de Montenegro, señor de Mourente, que creo que foi Cº de Sº, con sucesión.
Dª. Luisa
Casou co señor de Portatón D. Fernando de Andrade y Sotomayor. Con sucesión.
VII XERACIÓN
D. Cristóbal, que sucedería na casa da Serra.
Casou con Dª. Inés de Lemos Sotomayor y Haro, filla dos señores de Sobrán. Tiveron por fillo a VIII 1.
Dª. Mayor de Mendoza y Mariño de Lobera.
Casou co señor de Rubiáns, o seu parente D. José de Caamaño Sotomayor Mendoza y Pardo de Figueroa, sen sucesión de este matrimonio.
Pero tivo Dª. Mayor unha filla VIII 2.
VIII XERACIÓN
D. Pedro, que herdaría, a casa da Serra.
Casou coa filla, i creo que herdeira, dos señores de Portatón, D. Fernando e Dª. Luisa (mencionados en VI.5), a súa parenta. Tiveron por fillos a IX.
Dª. Catalina.
Casou con D. Antonio de Prado y Gayoso, e foron señores da Casa de Tapedello sita na parroquia de András concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra) (Ver Casa de Tapedello, que vou expoñer)
IX XERACIÓN
Cristóbal, que sucedeu, e foi VIII señor xurisdicional da Serra de Outes. Sen sucesión.
D. Fernando Antonio Mariño de Lobera y Andrade, IX señor xurisdiccional da Serra, I Marqués da Serra co vizcondado previo de Albeos. Pois a casa de Trabanca e o señorío de Albeos ó extinguirse as liñas de D. Felipe e D. Alonso, pasaba á descendencia de Dª. Ana.
D. Antonio Mariño de Lobera y Andrade, I Marqués de Mariño.
Dª. Inés
Casou co señor de San Paio de Narla, con sucesión, e algúns autores atribúenlles algunha que outra filla máis, como Dª. Antonia, casada con D. Pedro de Puga y Ozores, señor de Cimadevila, e algúns portugueses aínda a unha Dª. Petronila, que casou con un fidalgo portugués.
Fernando Antonio
Casou cunha filla dos señores de Mos, e irmá do I Marqués de Mos D. Gabriel, con sucesión.
Descubre los vínculos que han dado forma a nuestra tierra, provincia por provincia!