O xurado, integrado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Marilar Aleixandre, Marga Romero e Tucho Calvo, seleccionara entre os traballos presentados as memorias elaboradas por Eva Moreda Rodríguez, Alberto M. Ramos Ríos, Iria López Teijeiro e Alejandra Pérez Feal, e acordou por unanimidade conceder o premio a Iria López Teijeiro pola novela titulada provisionalmente Contracorrente. A gañadora recibiu a escultura A peneira dos soños de Luís Loureira, un ordenador portátil e pasará o mes de outubro a gastos pagados na Casa Grande do Bachao para rematar a súa novela baixo a titoría de Xosé Luís Méndez Ferrín.
A obra gañadora deberá estar rematada antes de fin de ano para ser publicada na colección Mandaio e tamén nunha edición especial en castelán para os clientes de fóra de Pazos de Galicia.
Preguntada a autora sobre o tema da súa obra dinos: "Cuenta la historia de una chica que deja la ciudad y se va al pueblo de sus padres, donde profundiza en la historia de su familia y trata de buscar sus propios orígenes, enfrentándose a cosas que cambiarán su forma de ver la vida. Se trata en cierto modo de hacer el camino contrario al habitual, hoy la gente se marcha del pueblo a la ciudad, y ella hace el camino contrario, iniciando una búsqueda personal."

Fuentes:
IRIA LÓPEZ TEIJEIRO, GAÑADORA DO I PREMIO BIBLOS-PAZOS DE GALICIA. BIBLOS. Clube de lectores. http://www.biblosclube.com/noticias.asp?identificador=6

Entrevista. Iria López. NetClub, Caixa Galicia. http://www.caixagalicia.es/Nuevo_netclub/wvio004c_entrevista399.html