I XERACIÓN

  • Pedro González.Casou con Catalina Fernández. Naturais da cidade de Santiago de Compostela.

II XERACIÓN

  • Antonio González. Natural da cidade de Santiago de Compostela.
    Casou con María Remoín. Natural da cidade de Santiago de Compostela. Filla de Juan de Remoin e Catalina Gómez, naturais da cidade de Santiago de Compostela.

III XERACIÓN

  • Doutor Antonio González. Natural da cidade de Santiago de Compostela. Médico e ministro titular do Santo Oficio.
    Casou con María Zaldivar (para a súa xenealoxía ver Zaldivar Najera – A Rioxa) .

IV XERACIÓN

  • Lorenzo González Zaldivar. Natural da cidade de Ourense parroquia de Santa Eufemia. Colexial de Fonseca (1678).

Fonte: Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela