I XERACIÓN

  • Capitán Marcos Romero. Casou con María de Pardiñas. Naturais da parroquia de Cerqueda concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña).

II XERACIÓN

  • Capitán Andrés Romero. Natural do pazo de Taraio (que ainda existe hoxe en día) parroquia de Cerqueda.
    Casou con Constanza da Buitureira. Natural do pazo da Buitureira (que ainda existe hoxe en día) parroquia de Langueirón concello de Ponteceso (A Coruña). Filla do capitán Gonzalo da Buitureira e de María da Insoa. Naturais da parroquia de Langueirón. Señores do pazo e coto da Buitureira.

III XERACIÓN

  • Juan Romero de Moscoso. Natural do lugar de Sergude parroquia de Xornes concello de Ponteceso.
    Casou con Inés Varela (para a súa xenealoxía ver Suárez – Varela Malpica A Coruña).

IV XERACIÓN

  • Diego Jacinto Romero de Moscoso. Bautizado o 2 de agosto de 1673 na parroquia de Xornes. Colexial de Fonseca 1691.
  • Úrsula Romero de Moscoso. Natural do lugar e pazo de Sergude (que ainda existe hoxe en día) parroquia de Xornes concello de Ponteceso (A Coruña).
    Casou con Esteban Sánchez de Moscoso (para a súa xenealoxía ver Sánchez de Moscoso – A Coruña). Tiveron por fillo a:

V XERACIÓN

  • Pascual Antonio Romero de Moscoso. Natural da parroquia de Canduas concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña). Colexial de Fonseca 1716.

Fonte

  • Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela