Un grupo de empresas da zona acaba de doar 18.000 euros en apoio do proxecto da Asociación de Amigos da Ribeira Sacra para que este espazo sexa declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Este colectivo está a colaborar tamén con centros de ensino da zona para realizar un amplo traballo de campo que incluirá mapas e datos sobre a importancia patrimonial do lugar, e anuncia en breve a creación dun portal web (patrimonio-ribeirasacra.info) dedicado a esta cuestión.
Páxina da "Asociación Cultural de Amigos de la Ribeira Sacra" http://www.culturalsacra.org/portal/index.php

Contido procedente de culturagalega.org
Empresas Sacras. Culturagalega.org, 28 de setembro de 2005. http://www.culturagalega.org/noticia_arquivo.php?id=6811