Este é o título do libro de Francisco Rubia Alejos y César Gómez Buxán presentado ó publico o pasado 23 de setembro no Museo Ramón Aller de Lalín, i editado pola Deputación de Pontevedra.
A obra introdúcenos no que son os pazos, as súas características e como era vida neles na comarca de Deza, entrando despois a describir cada construción por parroquias (Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces). Según nos conta Amelia Ferreiroa na Voz de Galicia, os autores xa levaban tempo coa idea, sendo Martín Fernández, o delegado da Voz en Deza, o que no 1999 doulle un empuxe ó propoñerlles escribir sobre un pazo cada semana para o xornal. Deste xeito foron publicando os traballos correspondentes a sesenta pazos.
Moita foi a xente que se interesou pola continuación do traballo e por ver o mesmo en forma de libro. “La verdad es que lo que hemos escrito sobre moradas hidalgas no se publicara en ningún sitio y existía cierto interés para que se hiciese una publicación con todos los datos. La Diputación Provincial de Pontevedra se encargó de dicha publicación de la que nos sentimos muy satisfechos.” di Francisco Rubia.
A obra ten 408 páxinas con medio millar de fotografías aportadas por César Gómez. Nelas amósase fundamentalmente o exterior das edificacións por ríspeto ós actuais moradores. Según di Cesar Gómez a escolleita non foi doada dado o inxente do material acumulado, que case podería servir para escribir outro libro, e puntualiza que non están todos os pazos que existen na comarca.
En La Voz de Galicia pódese ver unha foto dos autores sostendo o libro.

Fontes:
Amelia Ferreiroa. "Sesenta pazos y moradas hidalgas de Deza, a fondo" La Voz de Galicia, 03/07/2005. (http://www.lavozdegalicia.es/ed_deza/noticia.jsp?CAT=114&TEXTO=3868465)

"Suficiente materia para hacer una ampliación y para un anecdotario". La Voz de Galicia, 03/07/2005. (http://www.lavozdegalicia.es/ed_deza/noticia.jsp?CAT=114&TEXTO=3868466)

Presentación do libro “Pazos y moradas hidalgas de Deza” no Museo Ramón María Aller de Lalín. Deputación de Pontevedra, 22 setembro 2005. (http://www.depontevedra.es/?1,561,8404)