A primeira entrega do premio Letras de Bretaña convocado polo Real Coro Toxes e Flores foi para o poeta e narrador lugués Darío Xohán Cabana.
Foron tamén galardonados o poeta Xulio López Valcárcel, o medievalista Enrique Cal Pardo, o experto da Escola Literaria Diocesana Félix Villares Mouteira, o libreiro mindoniense Manuel Montero, o sacerdote José Manuel Carballo, párroco de Castro de Rei e o escritor e periodista de La Voz de Galicia, Ramón Loureiro.

Fonte:
"Toxos galardonó en Mondoñedo a los herederos del espíritu de Cunqueiro". La Voz de Galicia, 19/10/2005. http://www.lavozdegalicia.es/ed_amarina/noticia.jsp?CAT=120&TEXTO=4170780
R. L. "Darío Xohán Cabana recibirá o primeiro Premio Letras de Bretaña". La Voz de Galicia,04/10/2005. http://www.lavozdegalicia.es/se_cultura/noticia.jsp?CAT=106&TEXTO=4126352