I XERACIÓN

  • Pedro Martínez
    Casou con María Josefa Vicenta de Castro Calviño. Naturais do concello de Laxe (A Coruña). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Juán Martínez de Castro. Boticário. Falecido o 18 de novembro de 1874. Testara dous meses antes deixando como herdeiros os seus fillos Manuel e Tareixa e a sua dona Maria Xosefa Gómez Bouzas.
    Casou o 27 de xullo de 1833 na igrexa de San Miguel da cidade de Santiago de Compostela con Concepción Murguía Egaña. Natural de Tolosa (Guipuzcoa). Falecida en 1854 no hospital de Santiago de Compostela. Filla de Domingo Murguía, organista ao servizo do Conde de Villafuertes D. Ladislao Zabala, e Marta Felipa Egaña. Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

  1. Manuel Antonio Martínez Murguía (Manuel Murguía). Nado na aldea do Froxel parroquia de Oseiro concello de Arteixo (A Coruña) o 17 de maio 1833. Falecido o 1 de febreiro de 1923 no seu enderezo de San Agostiño 14 piso principal da cidade de A Coruña.
    Casou o 10 de outubro de 1859 na igrexa de San Ildefonso con:
    Rosalía de Castro. Bautizada o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela. (para a súa xenealoxía ver Castro Rosalía de Nai das letras galegas).
  2. Nicolás Martínez Murguía. Nado en 1835. Falecido en 1860 en Cuba.
  3. Teresa Martínez Murguía. Nada no 1836. Casou co arquitecto José María Noia.

IV XERACIÓN

  1. Alejandra Martínez-Murgia de Castro. Nada o 12 de maio de 1859 en Santiago de Compostela na rua da Conga nº 1.
  2. Aura Martínez-Murgía de Castro. Nada en 1868.
  3. Gala Martínez-Murgía de Castro. Nada en 1871.
  4. Ovidio Martínez-Murgía de Castro. Nado na parroquia de Lestrove concello de Dodro (A Coruña) o 2 de xullo de 1871. Falecido no ano 1900. Foi pintor e pertencia á “xeración doente”.
  5. Amara Martínez-Murgía de Castro. Nada en 1873. Finou solteira o 28 de decembro de 1921.
  6. Adriano Martínez-Murgía de Castro. Nado en 1875. Faleceu o ano seguinte.
  7. Valentina Martínez-Murgía de Castro. Nada en 1877 e falecida ao pouco de nacer.

BIBLIOGRAFIA

  • Manuel Murguía, dia das letras galegas 2000, de X. I. Axeitos e X. R. Barreiro Fernandez