I XERACIÓN

  • Bernardo Pedrayo Andelo. Nado en 1793 e falecido en 1874. Escribán. Tivo por fillo a:

II XERACIÓN

  • Ramón Pedrayo Silva. Natural da cidade de Ourense. Falecido o 3 de maio de 1899 os 77 anos. Avogado. Neto de Salvador Silva e bisneto de Benito Silva, ambos avogados.
    Casou con Antonia Ansoar. Natural da cidade de Ourense. Falecida en 1864 os 38 anos. Filla de Antonio Ansoar, notario, falecido en 1837. Tiveron por fillas a:

III XERACIÓN

  1. Ricardo Julian Francisco Pedrayo Ansoar. Nado en 1856. Falecido en 1928. Solteiro. Avogado.
  2. María de las Nieves Gabriela Pedrayo Ansoar. Nada o 5 de agosto de 1857. Falecida o 13 de decembro de 1945.
    Casou con Ángel Franches Pérez. Non tiveron descendencia.
  3. Eladia Ramona Pedrayo Ansoar. Natural da cidade de Ourense na que naceu o 18 de febreiro de 1859 e faleceu o 4 de febreiro de 1957.
    Casou con Enrique Otero Sotelo. Natural da parroquia de Trasalba. Médico. (para a súa xenealoxía ver Otero Pedrayo Ramón Liña paterna). Tiveron por único fillo a IV 1.
  4. Lucila Pedrayo Ansoar. Nada en 1862. Falecida o 5 de febreiro de 1946.
    Casou con Casiano Blanco. Falecido no ano 1903. Tiveron por fillos a IV 2 a 7.

IV XERACIÓN

  1. Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo. Nado na cidade de Ourense, rúa da Paz 25 2º, o 5 de marzo de 1888. Faleceu neste mesmo domicilio o 10 de abril de 1976.
    Casou o 6 de agosto de 1923 con Josefina Bustamante Muñoz Fita. De Santander. Falecida o 8 de abril de 1975. Non tiveron descendencia.
  2. Eladio Martínez Pedrayo. Médico.
  3. Juan Martínez Pedrayo
  4. José María Martínez Pedrayo
  5. Antonio Martínez Pedrayo
  6. Teresa Martínez Pedrayo
  7. Lucila Martínez Pedrayo

Fonte

  • http://www.editorialgalaxia.es/imxd/libros/doc/1152620870Docum_Otero_169.pdf#search=%22enrique%20otero%20sotelo%22