I XERACIÓN

  • José María Pardo.
    Casou con Rosalía Rivas. Natural da parroquia de Perbes concello de Miño (A Coruña). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Francisco Pardo Rivas. Natural da parroquia de Ourol concello de Guntín (Lugo). Avogado. Xa estaba difunto o nacer III.
    Casou con Gertrudis Pardo Villar. Natural da parroquia de As Negradas concello de Guitiriz (Lugo). Filla de Jacinto Pardo, natural da parroquia de Coirós concello de Coirós (A Coruña), e Benita Villar, natural de As Negradas.
    Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Isauro Celestino María Pardo Pardo. Nado o 4 de xullo de 1873 na parroquia de Anafreita concello de Friol (Lugo). Notario. Senador.
    Casou o 30 de agosto de 1903 con:
    María de la O Castro e Garcés de Marcilla. Natural de Madrid. Filla de Javier Castro Ponte, da Coruña, e Rosa Garcés de Marcilla, natural de Valencia. Marquesa de Leis.

FONTES

  • VVAA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores 1810 - 2003
  • www.senado.es