Retrato de Mª Teresa Fernández de la Vega

I XERACIÓN

  • José Fernández de la Vega. Natural de Castroverde (Lugo).
    Casou con Generosa Pasarín. Natural de A Fonsagrada (Lugo). Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

  • Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín. Natural de Castroverde (Lugo). Médico dedicado a hidroloxía. Fundador do balneario de Gutiriz (Lugo).
    Casou con Dolores Lombán (ou Lombao). Tiveron por fillos a III 1-3.
  • Higinio Fernández de la Vega Pasarín. Natural de Castroverde (Lugo). Xuíz. Notario. Escritor.
    Casou con Ángela Pardo Saavedra (para a súa xenealoxía ver Saavedra Pazo de Trasmonte Friol Lugo). Tiveron por fillo a III 4.

III XERACIÓN

  1. Elisa Fernández de la Vega Lombán. Nada en Vegadeo o 30 de maio de 1895 e finada en Santiago de Compostela en 1984.
    Ela e a súa irmá Jimena foron as primeiras mulleres en estudiar a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e en exercer a profesión de médico en Galicia e Asturias.
    Casou en 1925 con Gumersindo Sánchez Guisande. Nado na cidade de Santiago de Compostela, no Inferniño de Arriba, en 1892 e faleceu no exilio en 1976. Un dos redactores do Estatuto Galego de 1936. Tiveron por fillos a IV 1-3.
  2. Jimena Fernández de la Vega Lombán. Nada en Vegadeo o 30 de maio de 1895 e irmá xemelga da anterior. Finou en 1933. Solteira.
  3. Wenceslao Fernández de la Vega Lombán. Médico. Tivo por filla a IV 4.
  4. Celestino Fernández de la Vega Pardo. Nado o 23 de setembro 1914 en Friol (Lugo) e finado en Lugo en 1986.

IV XERACIÓN

  1. Elisa Sánchez Fernández de la Vega
  2. Luciano Sánchez Fernández de la Vega
  3. Wenceslao Sánchez Fernández de la Vega
  4. María Teresa Fernández de la Vega Sanz. Nada en Valencia o 15 de xuño de 1949. Vicepresidenta do Goberno Español e Ministra de Presidencia. Solteira.

Sinalar que dunha parente de José Fernández de la Vega, Eva Paradela, arrinca outra liñaxe desta familia emparentando de gran trascendencia no panorama xornalístico de Galicia: os propietarios do grupo El Progreso.

I XERACIÓN

  • Eva Paradela Fernández de Cora.
    Casou con Purificación de Cora Sabater (para a súa xenealoxía ver Cora torre de Xerdiz Ourol Lugo). Tiveron por filla a:

II XERACIÓN

  • Purificación de Cora Paradela.
    Casou con Blanca García Montenegro. Tiveron por fillo a III 1.
  • José de Cora Paradela

III XERACIÓN

  • Antonio de Cora García

Fontes

  • Xoel Sánchez Gorgoso. "El no investigar los orígenes gallegos de María Teresa Fernández de la Vega" http://www.xornal.com/commentSubmit.php3?sid=20040509135130&pid=39
  • V.V.A.A. "Jimena e Elisa Fernández de la Vega" http://www.andainamulleres.org/Revista.htm
  • Isaac Díaz Pardo. "Os Fernández de la Vega" http://www.lavozdegalicia.es/se_opinion/noticia.jsp?CAT=130&TEXTO=2746374
  • http://www.hacesfalta.org/foro/ver_mensaje.asp?id_mensaje=64103
  • http://www.xornal.com/article.php3?sid=20040509135130
  • Foto de María Teresa Fernández de la Vega. La Vicepresidenta Primera comparece ante el Senado.. Ministerio de la Presidencia.