I XERACIÓN

  • Isabel Varela. Natural de Santiago de Compostela.
    Casou con Martín Escudero. Nado en Lanestosa, nos montes de Cantabria. Tiveron por filla a:

II XERACIÓN

  • Luisa Escudero Varela. Nada en Santiago de Compostela.
    Casou con Martín Pérez de Tejada. Nado en Ortigosa de Cameros (A Rioxa) o 26 de xaneiro de 1688. Fillo de Benito Pérez de Tejada e de María Martínez de Escalera. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Manuel Francisco Antonio Pérez de Tejada e Escudero. Nado en Santiago de Compostela o 2 de abril de 1727. Faleceu en Nieva de Cameros (A Rioxa) o 18 de abril de 1775.
    Casou con Catalina Moreno García. Filla de Mateo Moreno de Tejada e de Catalina García de Pablo. Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • José Antonio Pérez de Tejada e Moreno. Nado en Nieva de Cameros en 1753 e finado en Montevideo o 6 de febreiro de 1813.
    Casou o 6 de outubro de 1779 en San Nicola de Bari (Bos Aires) con:
    Mónica Espinosa e Gadea. Natural de Bos Aires. Filla de Juan de Espinosa e de María Nicolasa de Gadea e Escobar. Tiveron por filla a:

V XERACIÓN

  • Josefa Natalia Tejada e Espinosa. Nada en Bos Aires.
    Casou o 5 de xullo de 1803 en Santo Domingo Soriano (Uruguay) con:
    Juan José Viera Lobo e de la Rosa. Nado en Colonia del Sacramento (Uruguay). Fillo de José Viera Lobo e de Francisca Javiera de la Rosa. Tiveron por filla a:

VI XERACIÓN

  • Juliana Lobo y Tejada. Natural de Bos Aires.
    Casou en Bos Aires o 30 de decembro de 1832 con:
    Martiniano Bonorino y Barbachano. Nado en Bos Aires. Fillo de Esteban Juan Bonorino Aycardo e de Celedonia Josefa Barbachano. Tiveron por fillo a:

VII XERACIÓN

  • Esteban Bonorino Lobo. Nado en Bos Aires o 3 de xuño de 1842.
    Casou en Bos Aires o 20 de maio de 1868 con Martina González Islas. Tiveron por filla a:

VIII XERACIÓN

  • Máxima Blanca Bonorino González. Nada en Bos Aires o 18 de xaneiro de 1875.
    Casou con Amadeo Zorreguieta Hernández. Nado en Salta. Fillo de Mariano Zorreguieta Maurín e de María Jesús Hernáncez Cornejo. Tiveron por fillo a:

IX XERACIÓN

  • Juan Antonio Zorreguieta Bonorino.
    Casou con Cesina Stefanini. Finada en Bos Aires o 7 de abril de 1999. Filla de Orestes Stefanini e de Tullia Borella. Tiveron por fillo a:

X XERACIÓN

  • Jorge Horacio Zorreguieta Stefanini. Nado en Bos Aires o 18 de xaneiro de 1928.
    Casou en segundas nupcias con María del Carmen Cerruti Carricart. Nada en Pergamino o 8 de setembro de 1944. Tiveron por filla a:

XI XERACIÓN

  • Máxima Zorreguieta Cerruti. Nada en Bos Aires o 17 de maio de 1971.
    Casou o 2 de febreiro de 2002 con Wilhem Alexander Claus George Ferdinand. Príncipe de Orange-Nassau e dos Países Baixos. Nado en Utrecht o 27 de abril de 1967. Fillo da raíña Beatrix Wilhelmina Armgard dos Países Baixos e do príncipe Claus George Wilhem Otto Frederik Geert dos Países Baixos. Tiveron por fillos a:

XII XERACIÓN

  1. Catharina Amalia Beatrix Carmen Victoria. Nada o 7 de decembro de 2003 no Hospital Bronovo da La Haya. Segunda na sucesión ao trono de Holanda.
  2. Alexia Juliana Marcela Laurentien. Nada o 26 de xuño de 2005. Terceira na sucesión ao trono de Holanda.

FONTES

  • LUX WURM, Hernán Carlos: Ascendencia de Da. Máxima Zorreguieta, Princesa de la Corona de los Paises Bajos en: http://www.genealogia.org.ar/maxima1.html