Un dos máis excelsos poetas de lingua española na Idade Media foi Jorge Manrique, ben coñecido polas "Coplas por la muerte de su padre". Un dos datos máis descoñecidos da súa biografía é a ascendencia galega pola banda paterna.

I XERACIÓN

  • Pedro González de Mendoza
    Casou con Aldonza Fernández de Ayala (para a súa ascendencia ver "Alba Duquesa de ascendencia galega"). Tiveron por filla a:

II XERACIÓN

  • Juana de Mendoza Soutomaior
    Casou en primeiras nupcias con Diego Gómez Manrique. Séptimo señor de Amusco. Fillo de García Fernández Manrique de Lara, sexto señor de Amusco, e de Teresa Vázquez de Toledo. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Pedro Manrique de Lara. Nado en 1381. Falecido o 21 de setembro de 1440. Señor de Amusco, Paredes de Nava, Calabazanos e Villazopeque. Adelantado maior de Castela.
    Casou con Leonor de Castela. Filla de Fadrique de Castela e de Leonor de Castela. Neta do rei Enrique II. Tiveron quince fillos entre eles a:

IV XERACIÓN

  1. Diego Martín Manrique. O primoxénito. Falecido no ano 1458.
  2. Rodrigo Manrique. Nado en 1406. Finado en Ocaña (Toledo) o 11 de novembro de 1476. Primeiro Conde de Paredes de Nava (Palencia) (foi nomeado polo rei Juan II en maio de 1452). Maestre da Orde de Santiago. Comendador de Segura.
    Casou en primeiras nupcias con Mencía de Figueroa. Falecida no ano 1444. Filla de Gómez Suárez de Figueroa e de Elvira Lasso de la Vega. Prima irmá de Íñigo López de Mendoza marqués de Santillana. Tiveron por fillos a V.
    Casou en segundas nupcias en 1446 con Beatriz de Guzman.
    Casou en terceiras nupcias en 1469 con Elvira de Castañeda e Meneses. Filla do primer conde de Fuensalida e María Silva.
  3. Gómez de Manrique. Nado en Amusco en 1412. Finado en Toledo en 1490. Poeta. Autor dramático. En 1475 foi nomeado correxidor de Toledo.
  4. Íñigo Manrique. En 1460 ocupou a sede episcopal de Coria (Cáceres). En 1476 foi nomeado bispo de Xaén e Baeza.
  5. Pedro Manrique
  6. García Manrique.
  7. Isabel Manrique. Casou con Pedro Vélaz de Guevara. Sen sucesión.

V XERACIÓN

  1. Pedro Manrique de Lara. II Conde de Paredes de Nava.
  2. Leonor Manrique. Casou co Adelantado Pedro Fajardo de Murcia.
  3. Rodrigo Manrique. Falecido en Baeza (Jaen).
  4. Jorge Manrique. Nado en Paredes de Nava en 1440. Finado en Santa María del Campo Rus (Cuenca) o 24 de abril de 1479 despois de ser ferido por Pedro de Baeza as portas do castelo de Garci Muñoz (Cuenca).
    Poeta. Señor de Belmontejo. Comendador de Montizón. Duque de Montalvo Trece de Santiago. Foi soterrado no mosteiro de Uclés xunto o seu pai.
    Casou en 1470 con Guiomar de Castañeda. Filla do primer conde de Fuensalida e María Silva. Irmá da terceira muller do seu pai. Tiveron dous fillos:

V XERACIÓN

  1. Luisa Manrique
  2. Luís Manrique. Herdou a encomenda de Montizón e o título de Trece de Santiago.

FONTE

  • http://es.wikipedia.org/wiki/Jorge_Manrique
  • http://fjguillen.es/manrique/